Nas fouces da morte fotografía histórica de Robert F. Sargent / WikilmagesCC0

Os segredos e documentos do desembarco de Normandía, agora en Galicia

Tempo de lectura: 1 min.

O Museo Histórico Militar da Coruña inaugurará este martes a mostra ‘Operación Overlord’, sobre o 75 aniversario do desembarco de Normandía. A mostra permanecerá aberta ata o 15 de setembro.

Nela, poderanse ver reproducións de uniformes, dioramas, armas ou figuras do desembarco levado a cabo o 6 de xuño de 1944 (chamado en clave ‘Operación Overlord’ e tamén coñecido como o ‘Día D’).

No desembarco, 160.000 soldados cruzaron a canle da Mancha de Inglaterra a Francia. Cara a finais de agosto as tropas aliadas en chan francés eran máis de tres millóns, lembran os promotores da exposición, que estará aberta ao público de forma gratuíta.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: