Casco vello da cidade da Coruña no que se poden ver algún tramo das murallas

Polémica sobre a futura Lei de Rehabilitación: Cascos vellos para a xente ou para os negocios?

Tempo de lectura: 1 min.

A futura Lei de Rehabilitación de Galicia divide á Xunta e á oposición. Mentres o Goberno galego insiste que tenta impulsar económicamente aos cascos vellosd a cidade, os segundos cren que “baleirán de xente” as zonas vellas da cidade.

Nun debate na Cámara este mércores, a conselleira de Medio Ambiente, Infraestruturas e Vivenda, Ángeles Vázquez, asegurou que a protección do patrimonio cultural das cidades e localidades galegas “está totalmente garantida” e defende que a nova Lei de Rehabilitación, que entrará en vigor o 22 de maio, busca “loitar contra o abandono” e “dar vida aos centros históricos” dos municipios.

Así o trasladou nunha interpelación realizada polo grupo de En Marea durante a sesión parlamentaria deste mércores. A deputada Ánxeles Cuña advertiu das “consecuencias gravísimas” que terá esta norma para o patrimonio galego. Cuña cualificou o texto de “cóctel lexislativo” para dar “barra libre” á “especulación irresponsable”, e que se utilizará para “baleirar de contido” aos conxuntos históricos. Neste sentido, considerou que a Lei “contradí outras normas”, como a Lei de Patrimonio ou a Lei do Chan, dicindo que os plans especiais “non serven para nada”. Ademais, pásanse por alto as recomendacións internacionais e “a Constitución”, que insta as administracións a “coidar” do patrimonio.

“Busca beneficios inmediatos, considerando o patrimonio dándolle un prezo”, insistiu, advertindo de que “só os inmobles declarados BIC contarán con protección integral”. “Ou non se leron a lei e non poden ser obxectivos ou perseguen algo distinto”, respondeu Vázquez, acusando a En Marea de tentar “confundir, e enganar sobre unha lei que só busca recuperar o construído” e “loitar contra o abandono”. Máis información no xornal Galicia Confidencial.

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: