Campás da Catedral de Santiago, entre elas, a Berenguela /loimportanteeselcamino.com

Que pasou coa famosa campá da Catedral de Santiago que roubou Almanzor no ano 997?

Tempo de lectura: 4 min.

En 1989 agolpábase unha multitude ao carón da catedral de Santiago de Compostela, na praza das praterías, para observar a sustitución da xigantesta campá da Torre da Berenguela – ou Torre do Reloxo- por outra nova fundida en Holanda por Eijsbouts a causa do seu deterioro. A vella campá, fundida no século XVIII por Güemes Sanpedro pódese observar no claustro da catedral.

Este feito, puramente anecdótico por unha banda, non sería máis que un reverberar histórico que nos atrae irremisiblemente cara unha época moito máis lonxana, cando a catedral non era tal, senón unha moito máis humilde basílica no século X.

A importancia política de Santiago de Compostela nos séculos IX e X

Lendas e ritos á parte, o certo é que a “descuberta” do sepulcro do Apóstolo Santiago polo bispo Teodomiro (813) e o traslado residencial do obispado de Iria a Compostela, constitúe un punto de inflexión na historia dos reinos cristiáns peninsulares. Isto é así porque o centro cristián máis importante da península atopábase en Toledo, núcleo da antiga igrexa visigoda, nas máns do emirato de Córdoba (pouco despois califato), ata a toma de Toledo por Alfonso VI no ano 1086. Así, todas as miradas dirixiríanse agora ao reino de Galicia, que medraría en importancia económica, política e cultural gracias a este feito a aos peregrinos que chegarían dende todas partes de Europa. Por estas razóns non resulta extraño ainventiodo sepulcro cun terreo preparado e nun momento político favorable. Santiago de Compostela crecería rápidamente nun centro urbán, sendo a única cidade do reino puramente mercantil e clerical e acadando o estatus de referencia cultural en Europa. Co novo centro relixioso en territorio galaico, os monarcas cristiáns iniciarán unha etapa de expansión cara o sur, sobre todo durante os reinados de Alfonso II, Ordoño I e Alfonso III no século IX, reemprendendo os intentos expansivos con Ramiro II a comezos do século X.

A expansión do rei leonés levouno a provocar a ira de Córdoba, encabezando o propio califa ,Abd al-Rahman III, un exército que caería vencido na batalla de Simancas no ano 939.

Recreación dunha batalla entre musulmáns e cristiáns

O saqueo e destrucción de Compostela

Quixo a casualidade que Almanzor nacera ese mesmo ano da derrota musulmana na batalla de Simancas, parecendo atesourar o momento do seu nacemento e proxectando a lembranza de tal desastre nos reinos cristiáns a finais do século X a través das súas expedicións militares. Tras exercer coma hachib, unha especie de primeiro ministro dentro do califato cordobés, renunciou a este título en favor dun dos seus fillos e outorgouse os degayyid(señor ) emalik Karim(noble rey). Foron diversas as causas que empuxaron a Almanzor a atacar unha e outra vez aos reinos do norte peninsular e, sen dúbida, que na corte de Bermudo II en León atopase asilo un dos seus adversarios políticos (Abd Allah Pedra Seca), foi tan bo motivo coma todos os demais. Bermudo II, que era un tipo razoable e moi consciente das limitacións do seu reino se o comparamos coa rica Al-Ándalus, remataría por entregar a Pedra Seca, que pasaría o resto dos seus días nun calabozo de Córdoba.

Realizou unha multitude de razzias por todo o territorio dende o 977 ata a súa norte no ano 1002, e conquistou parte do territorio cristiá, levando a frontera ata o Douro. Destacaron as incursións a Barcelona, Pamplona, León, Braga e, finalmente, a Santiago de Compostela no ano 997, que coñecemos pola crónica de Al-Ándalus do autor árabe Ibn Idhari.

Almanzor desplegou toda unha lección de loxística para ameazar ao reino de Galicia, unha parte da Península Ibérica moi lonxana para aquel momento, desprazando a cabalería dende Córdoba e a infantería por transporte marítimo dende Alcácer do Sal, e xuntándose ámbolos dous corpos en Oporto. Dende ahí chegaría a Santiago pasando antes por Braga e Tui. Sen dúbida a importancia de Santiago neste momento era crucial, sobre todo se temos en conta todos os preparativos e esforzos dos que dipuxo Almanzor para chegar ata un punto clave na política non só do reino astur-leonés, senón tamén para o conxunto dos territorios cristiáns, isto é, o condado de Castilla, o reino de Pamplona, e os condados aragoneses e cataláns.

Cando Almanzor chegou a Santiago, a cidade fora xa evacuada. Non deixou unha pedra enriba doutra, destruiu a basílica prerrománica e, tal e coma contan as crónicas,  levou as campás da igresa no seu regreso a Córdoba para empregalas como lámpadas na mezquita, e unha belida mezquita por certo.

A toma de Córdoba; as campás retornan ao reino de Galicia

Habería que esperar ata o século XIII para recuperar ese bronce. No ano 1230 Fernando III unifica as coroas de Castela e León, nunha carambola histórica difícilmente repetible tras a morte sen herdeiros de Alfonso VIII de Castela e Alfonso IX de León – que por certo finou en Sarriá camiño de Santiago-. Con todo, o certo é que este Fernando soubo aproveitar a sorte concedida entendendo perfectamente o momento político no que se atopaba a península. Lanzouse hábilmente, empregando as armas e a política por igual, contra os territorios musulmáns do sur, facendo súas rexións tan importantes coma Sevilla, Badajoz, Jaén ou Córdoba. Non esquecida a afrenta realizada por Almanzor facía xa máis de dous centurias, as campás de compostela que foran empregadas coma lámpadas foron agora fundidas nunha soa por orde do monarca e trasladada a Santiago, onde xa nese tempo se levantaba a catedral Románica.

Chegados ata este punto, as pistas sobre as campás pérdense un pouco ata a fundida en 1729 por Sanpedro. Que o bronce foi empregado de novo polo artesán portugués, ou foi de nova feitura xa non é algo seguro. Pero o certo é que, dun xeito ou doutro, teñen historia estas campás.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

David Taboada é licenciado en Humanidades e Ciencias Socias e profesor de Historia e Arte.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: