fbpx
Mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte / Galipedia

Restaruran as pinturas renacentistas atopadas no gran mosteiro de Monforte

Tempo de lectura: 2 min.

O Ministerio de Cultura destina máis de 800.000 euros á restauración interior do Mosteiro de San Vicente do Pino en Monforte de Lemos (Lugo), segundo o anuncio de licitación que publica este luns o Boletín Oficial do Estado (BOE).

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou nun comunicado de prensa o investimento que executará o Ministerio de Cultura e Deporte para restaurar o interior do templo. O BOE publica o anuncio de licitación deste proxecto, cuxo importe ascende a 807.900 euros, e que “se suma ao importante investimento do Estado para a preparación de Galicia ante a cita do Xacobeo 2021”, valorou.

O proxecto do Ministerio de Cultura e Deporte propón unha intervención integral no interior da igrexa restaurando as pinturas murais do presbiterio, nave central e muro norte do cruceiro, o retablo maior e o retablo en pedra do cruceiro. O retablo maior, de estilo barroco, está realizado entre 1770-1780 e é atribuído a un monxe do mosteiro. Dedícase á figura de San Vicente e alberga unha gran pintura que representa o Martirio de San Vicente, obra de Bernardo da Pena en 1671.

“Este conxunto mostra numerosos danos vinculados ao paso do tempo, as filtracións de auga e ao uso relixioso que se ha ido facendo do mesmo nos últimos séculos”, sinalou a Delegación. Pola súa banda, o retablo en pedra está localizado no brazo norte do cruceiro e alberga varias capelas no seu corpo inferior.

PINTURAS

En canto ás pinturas murais, recuperaranse as pinturas que decoran o presbiterio e que foron realizadas na década de 1920 polo monxe pintor burgalés Lesmes López Pérez. Tamén se restaurarán as pinturas murais renacentistas que foron descubertas baixo varias capas de cal na á norte do cruceiro durante as obras de restauración da igrexa entre 2010-201.

CONXUNTO ARTÍSTICO

O Mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte de Lemos, atópase situado no alto dun monte e comparte localización con outras edificacións mediavales, dominando o val do Cabe. Trátase dun mosteiro benedictivo de estilo renacentista construído no Século XVI.

En canto á súa protección, lembra a Delegación do Goberno, conta coa declaración de Ben de Interes Cultural desde o ano 1973. No seu interior, na actualidade, sitúanse as instalacións do Parador de Turismo, cuxas habitacións se atopan distribuídas en torno ao claustro do propio mosteiro.