fbpx
Mulleres no asalto ao castelo de Vimianzo / foto HdG

Roteiro de mulleres para involucrar a perspectiva de xénero na loita polo patrimonio

Tempo de lectura: < 1 min.

Mulleres de diferentes entidades da Rede do Patrimonio de Galicia participan dunha andaina polo Río Mao este domingo 2 de xuño.

A actividade enmárcase na preparación dunhas xornadas de Patrimonio e Muller que se realizaran no outono do 2019 e ten coma obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a importancia de conservar o patrimonio.

“O propósito de éste encontro e definir liñas de acción ao redor do patrimonio dende unha perspectiva de xénero, non só dende as profesionais do sector, senon tamén de mulleres activistas das diferentes entidades adheridas ou non a Rede do Patrimonio Cultural”, apunta a entidade convocante nun comunicado.

Na ruta participarán distintas profesionais que explicarán seu traballo na zona, dende a investigación ata o rexistro do Patrimonio material e inmaterial existente no Canón do Río Mao. A saída está prevista ás 9,30 dende Barxacova e as inscricións hai que facelas no correo redepatrimonio@gmail.com