O Naomhóig na Tinte tras o seu accidente en Caminha / Remitida

SOS para reconstruir a Naomhóig na Tinte, a embarcación tradicional que uniu Galicia e Irlanda

Tempo de lectura: 2 min.

A Asociación Galega para o Patrimonio Industrial, Buxa, está a buscar fondos para reconstruír do Naomh Gobnait, a embarcación tradicional na que catro amigos irlandeses viaxaban de Dublín a Santiago de Compostela en 2014 e que se converteu en símbolo do Camiño Xacobeo por mar.

O bote, depositado no Museo do Mar de Galicia despois da súa varada en Portugal,vai ser reconstruído coa colaboración da asociación irlandesa Meitheal Mara e serán os propios remeiros os que realizarán os traballos de reconstrución que comezarán o próximo mes de xuño.  Convidados por Buxa, un dos remeiros copropietario do bote, Liam Holden e o fundador da obra social Meitheal Mara, Pádraig Ó Duinnín, visitaban hai uns meses Vigo para planificar e organizar a restauración deste barco tradicional irlandés.

Os traballos de restauración do Naomhóig  poderán seguirse en directo no marco da exposición “O camiño por mar” que poderá visitarse no Museo do Mar de Galicia do 7 de xuño ao 31 de outubro servindo de epicentro dunha serie de actividades que rememorarán a tradición do Camiño por Mar, da navegación e das históricas relacións galaico-irlandesas.

“Os interesados en apoiar esta iniciativa, posta en marcha por Buxa para pór ren valor a tradición do camiño xacobeo por mar, poden facelo a través dun donativo na  súa propia páxina web www.asociacionbuxa.com “, indican desde esta entidade. Ademais, deste proxecto Buxa deseñouse todo un proxecto cultural composto por toda unha serie de actividades de diverso contido e alcance, implicando a colexios de ensino primario ou asociacións profesionais, para poñer en valor o Camiño Xacobeo por Mar.

O Naomhóig na Tinte en plena navegación / remitida

Unha viaxe en bote desde Dublín a Santiago de Compostela

No ano 2014  un grupo de amigos irlandeses deciden construír un bote co que emprender o Camiño Xacobeo a remo dende Dublín a Santiago de Compostela. A viaxe era de 2.500 quilómetros por mar que se fixo de maneira espaciada durante tres anos. Tras pasar polas costas inglesas e francesas, o bote bordeaba costas españolas para desembarcar finalmente no porto da Coruña. Desde alí, os tripulantes continuaron a peregrinación a pé até Santiago de Compostela.

A construción do currach – así se denomina a embarcación- non foi fácil. Despois de traballar  durante varios meses, puideron comezar as probas de navegación e os adestramentos para a travesía.

No medio dunha grande expectación mediática, a aventura concluíu con éxito en 2016. Un ano máis tarde, os catro amigos decidiron facer unha ruta pola costa galega que acabou cun fatídico accidente en Caminha levándose por diante a vida de Danny e a embarcación.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: