Recreación da frenda do lume sagrado das tribos celtas de Boqueixón e Callobre / remitida

Participa nunha “ofrenda de lume sagrado” das “tribos celtas” no solsticio de verán

As tribos celtas conquistarán Santiago no día previo ao solsticio de verán. Trátase da recreación que fan os membros das “tribos celtas de Boqueixón e Callobre” que protagonizarán a Ofrenda do Lume Sagrado. Unha representación incluída dentro da programación do ciclo cultural Un mes e Pico. Ciclo Cultural: O Pico Sacro na Cultura Xacobea e que serve como paso previo á máxica noite de San Xoán. Esta iniciativa conta coa colaboración da Asociación Cultural do Castro da Fervenza de Callobre (A Estrada).

Segundo apuntan os organizadores, e as condicións meteorolóxicas o permiten, o punto de encontro será a Carballeira de Santa Susana ás 22.00 horas. Dende alí a comitiva encabezada pola Raíña Alda –cuxo nome significa a máis fermosa– e polo Druída iniciará o percorrido polas rúas do casco histórico compostelán. “Ataviados coas súas vestimentas celtas e cos fachos na man a zona vella de Santiago iluminarase co Lume Sagrado acendido o pasado domingo directamente coa forza do Astro Rei”, indican.

O percorrido finalizará arredor das 22.30 horas na Praza de Mazarelos. Alí completarase a Ofrenda do Lume Sagrado coa que as tribos celtas de Boqueixón e Callobre representarán a súa alianza coa cidade de Santiago.  En caso de chuvia, o percorrido polas rúas do casco histórico quedaría cancelado.

Aquelas persoas interesadas en formar parte da comitiva da Raíña Alda e do Druída deberán poñerse en contacto co Departamento de Turismo (981 513 061 // [email protected]) para formalizar a súa asistencia como figurantes voluntarios. Dende a organización aportarán a vestimenta e complementos precisos para esta actividade.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: