Cruz celta / usatoday

Galicia terá o primeiro museo dedicado á comunidade bretoa que se instalou en Galicia entre os séculos V e VI

Tempo de lectura: 1 min.

O Museo da Diocese de Bretoña, no municipio lucense da Pastoriza, está a piques de abrir. E non é un museo calquera. Será o primeiro museo que fale da comunidade bretoa que se asentou no país entre os séculos V e VI e que fundaron unha das sedes episcopais máis antigas de Galicia, a Britonensis, predecesora da actual Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

A sede deste museo estará na planta baixa dun edificio histórico, a Casa de Galocha, reformada para acoller unha exposición permanente que abordará a historia deste pobo celta que chegou a Galicia fuxindo dos anglosaxóns desde a provincia romana de Britania. Fixaron a súa capital en Bretoña e fundaron un bispado que chegou a ter gran influencia, e que participaba regularmente nos Concilios de Toledo.

Máis tarde, no ano 866, o bispado de Dumio, en Braga, tivo que abandonar a súa sé por causa da conquista musulmá e refuxiouse nun lugar chamado Mendunieto. Entre o ano 966 e o 971 os viquingos destruíron Bretoña e o bispado tivo que trasladarse ao que despois sería San Martiño de Mondoñedo, lugar ofrecido polo rei Afonso IIIpara fundar un mosteiro e como sé episcopal dobre (dumiense de Dumio e britoniense de Bretoña) e cuxo primeiro bispo foi Sabarico.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: