Recreación do harpastum, un xogo de orixe romana / Ocriculum

O harpastum, unha mestura entre fútbol e rugby

Tempo de lectura: 2 min.

O Harpastvm, o espectáculo do Arde Lvcvs entre o fútbol e o rugby, busca afecionados na Gallaecia. O vindeiro venres, 14 de xuño, na explanada do Pavillón Municipal de Lugo, ás 21:00 horas, terá lugar un partido deste xogo. Correrá a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium, Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana.

O harpastum era un xogo de adestramento militar romano practicado polos recrutas e lexionarios romanos destacados en Britania no ano 43. O terreo de xogo era un rectángulo delimitado con cordas, o obxectivo consistía en levar unha pelota ao outro extremo do campo, utilizando toda a violencia que fora necesaria, excepto matar. O “punto ou gol” conseguíase ao levar e tocar o balón coa corda, e as pelexas entre os xogadores acababan co punto. Este método de adestramento, entre outros, fortalecía o lexionario, non lle deixaba pensar por si só, senón como unha unidade conxunta, e obrigábao a unha estrita disciplina, básica nas lexións.

Deste deporte deriva o calcio storico fiorentino, con 27 xogadores por equipo. No xogo romano eran 4 ou 6 por equipo, oficiais contra recrutas. Para ver o partido en Lugo aínda hai entradas á venda. Poden mercarse, cun prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa, a través da web www.entradaslugo.es ou ben na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo.

III Mvrvs Lvcis

Tamén a Mvrvs Lvcis, que reta por terceiro ano nunha carreira polo adarve da Muralla a romanos e castrexos, pecha mañá a súa inscrición. O límite de inscricións será de 200 persoas, 100 romanos e romanas e 100 castrexos e castrexas, e a idade mínima para participar é de 16 anos. Todas as persoas que desexen participar deben inscribirse a través da páxina web www.championchipnorte.com. O custo da inscrición é de 3 euros e inclúe vestimenta de caracterización, a elixir á hora da inscrición entre romano ou castrexo. As prazas iranse esgotando por rigusoa orde de inscrición. Así mesmo, avituallamento líquido ao rematar a  proba.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: