Estrutura atopada na Atalaia, no porto de San Cibrao / XdM

Unha estrutura fenicia ou unha nova sauna castrexa entre as hipóteses da edificación atopada no porto de Cervo

Tempo de lectura: < 1 min.

As obras de renovación da rede de saneamento do Porto de Arriba, en San Cibrao, descubriron presenza de dous muros pertencentes á fachada dunha mesma estrutura que os arqueólogos excavarán durante a vindeira semana.

Segundo apunta o Xornal da Mariña, aínda que é cedo para establecer unha datación ou a importancia do achaádego, os especialistas slaientan que se trata “dun edificio complexo” que habería que estudar.

Este venres confirmouse o que os especialistas sospeitaban e os traballos deixaron á vista; “restos estruturais moi potentes, cubertos de area de praia”, segundo explica Emilio Ramil, responsable da empresa Axa Arqueoloxía, radicada en Ferrol. O arqueólogo sinala que se remitiu unha solicitude a Patrimonio para que autorice unha prospección da zona máis ampla.

Estes mesmos restos poderían tratarse dos atopados xa por Chamoso Lamas nos anos 70. Corenta e cinco anos atrás, as informacións facíanse eco da hipótese de que o edificio, posteriormente tapado, se tratase dunha fábrica de salgadura de época fenicia.

No 2008, a partir das testemuñas da veciñanza que viviu as excavacións e de consultas a expertos, Mariña Patrimonio plantexou a posibilidade de que fose unha sauna castrexa ou pedra formosa e pediu á Xunta de Galicia que estudase a zona. Máis información no Xornal da Mariña.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: