paisaxe dun piñeiral / jplenioCC0

Así será a paisaxe de Galicia… Azul e verde

Tempo de lectura: < 1 min.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, presentou este martes en Vigo a guía de estudos de paisaxe urbana impulsada polo Instituto de Estudos do Territorio, unha ferramenta para “conservar e protexer o verde e o azul identificativo e característico” dos municipios galegos.

Segundo explica a Xunta a través dun comunicado, este documento aposta por crear espazos abertos ao mar e recuperar as fachadas litorais, “símbolo e identidade dos concellos costeiros”, onde se buscará rehabilitar o patrimonio industrial portuario.

A guía propón “intervir nos esqueletes de edificios” para “eliminar o impacto” e “rematar a construción iniciada, demoléndoa ou ocultándoa”. Ademais, incide en establecer un tratamento paisaxístico “integral” en accesos urbanos, autovías e circunvalacións para “mellorar a transición” entre as vías de alta capacidade e os núcleos dos municipios. Esta solución tamén se propón para integrar os polígonos industriais nas cidades, para o que se recomenda instalar zonas de transición como áreas residenciais con espazos verdes ou reducindo carteis e valos publicitarios. Toda a información no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: