fbpx
Tramo dun antigo camiño atopado en Brandomil que non descartan que poida tratarse da Via XX, a coñecida como per loca maritima / LVG

Din ter descuberto un tramo da famosa Vía XX per loca maritima

Tempo de lectura: < 1 min.

É unha “vía empedrada de gran tamaño”. Os restos atopados polo equipo de arqueólogos dirixido por Lino Gorgoso en Brandomil (Zas), que as últimas investigacións apuntan a que podería tratarse do importante enclave romano de Claudionerium, apuntan a que podería tratarse da Via XX, a famosa via per loca maritima, que unía Braga con Lugo pola costa.

As primeiras catas sacaron á luz un gran camiño, realizado con laxas incrustadas a modo de chapacuña e con superficie arqueada no centro. Ten ademais canelóns de conducción de auga nos laterais.

Os resultados preliminares da intervención, promovida polo Concello coa colaboración dos veciños, deixan á vista cinco tramos do camiño que teñen unha moi boa conservación, segundo indica Gorgoso. A localización de tégulas romanas sobre as laxas parece indicar que o camiño é moi antigo, aínda que os resultados cronolóxicos non son aínda concluíntes.

A pesar de todo, a tipoloxía e aspecto da vía é, para os arqueólogos, «compatible cunha vía romana ou, polo menos, moi antiga» e non descartan que se trate dun tramo da per loca maritima. Vía La Voz de Galicia.

Pode que che interese...