fbpx
María del Valle, unha das mulleres republicanas asasinadas cuxos restos buscaba a asociación de memoria histórica. REMITIDA

Salud Torres e María del Valle Lozano, asasinadas polos fascistas no 37 por ser republicanas e de esquerdas

Tempo de lectura: < 1 min.

Rematou sen éxito a busca dos corpos de María del Valle Lozano e Salud Torres, dúas mulleres de esquerdas, republicanas e comprometidas cos causas sociais que foron asasinadas en Xinzo de Limia en outubro de 1937, en plena Guerra Civil.

María del Valle Lozano era ama de casa e colaboradora de obras benéficas e relixiosas, ademais de simpatizar e estar afiliada ao Partido Comunista. Foi asasinada cando tiña 49 anos.

Salud Torres, tamén ama de casa, era delegada de UXT e tiña tan só 25 anos cando foi sacada do cárcere e conducida a unha paraxe coñecida como ‘Lomba de Lamas’, en Xinzo, onde foi asasinada dun disparo na cabeza.

Terra removida

A asociación para a Recuperación da Memoria Histórica advirte de que a construción de novos panteóns “puido acabar coa fosa” destas dúas vítimas da Ditadura franquista no lugar de Mosteiro de Ribeira. “Despois de tres días de duro traballo”, os voluntarios deron por concluídos os traballos de procura dos restos de María do Val e Salud Torres. Indican que “presumiblemente” a súa fosa común “foi removida hai uns anos durante a construción duns panteóns”.

Os traballos, explica a asociación, centráronse á esquerda da entrada da igrexa, lugar marcado por unha veciña de 96 anos como o do enterramento. De novo, a asociación constata que as fosas comúns do Franquismo non están sinalizadas nin aparecen, “como mínimo”, nun mapa de fosas en Galicia para a súa protección e evitar que sexan destruídas.

Pode que che interese...