fbpx
Unha das estancias da sauna castrexa de San Cibrao, conservada desde o lousado ata o chan, cunha porta de 1,6 metros de altura / MARIÑA PATRIMONIO

A gran oportunidade perdida de estudar unha sauna castrexa case completa

Tempo de lectura: < 1 min.

Mariña Patrimonio pide á Consellería de Cultura e Turismo que explique porque ordenou deter a intervención arqueolóxica arredor da sauna castrexa descuberta na Atalaia de San Cibrao, que segundo a entidade podería ser unha das máis importantes da antiga Gallaecia.

O colectivo sostén, segundo recollo o Xornal da Mariña, que esta decisión suporá que o xacemento se tape sen que “facer os estudos que requiría o achado”, que califican como un “dos máis importantes dos últimos anos en Galicia“.

A intervención arqueolóxica que se realizou foi simplemente un control arqueolóxico. Non houbo, por tanto, nin escavación nin estudo arqueolóxico“, sostén a asociación, que xa en 2008 advertira publicamente da presenza desta estrutura soterrada.

“Está claro que se non se aproveita este momento para escavala e estudala, tampouco se vai facer unha vez rematada a nova rúa”, lamenta a entidade despois de que, a pasada semana, o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, confirmase o reinicio cas obras de saneamento que puxeron ao descuberto a sauna, a sexta documentada en Galicia. Toda a información en Xornal da Mariña.

Pode que che interese...