Cacharelas ó pé da fin do ecéano, semellantes ás que prendían as mulleres na costa de Laxe / foto MarcelloRabozziCC0

A historia das pedras de Laxe escritas con nomes de namorados ó pé do mar

Tempo de lectura: 3 min.

O mar e a pedra en Galicia sempre gardaron historias, algunhas coñecidas, outras moitas fálannos relacións que aínda non coñecemos. A  Costa da Morte está enchida de altares e santuarios a pé do mar, lugares míticos e mitolóxicos nos que as pedras recostadas serviron ó home para mirar de fronte ó Atlántico. Na vila de Laxe, no extremo bergantiñán da Costa da Morte, atópase un destes curiosos lugares.

Chámase a Pedra dos Namorados, e nela se atopan pedras grabadas co nome de namorados esculpidos. Un conxunto de irregulares laxes que, a xeito de santuario lítico, miran directamente cara o solpor. Grabados dende comezos de entre finais do século XIX ou comezos do século XX -algúns se atopan moi gastados pola acción do salitre- no que se poden ver figuras sobranceiras da vila como o fotógrafo Vidal ou do xeólogo e membro do SEG, Isidro Parga Pondal.

Pero, por que este santuario afectivo ó pé do mar, grabado en laxes e mirando directamente ó horizonte do solpor?. A memoria dos veciños da vila descúbrenos unha incrible historia que nos lembra a difícil e dura relación que tivo esta terra co mar. Aqueles tempos nos que as xentes deste recuncho de Galicia tiñan que lanzarse a alta mar para sustentar ás súas familias.

Mirando o mar

Durante séculos as xentes desta costa tiveron que marchar embarcados, en non poucas ocasións en longas estancias de meses e ata anos. Tempos nos que as familias foron separadas, nos que os pais foron separados dos fillos e as mulleres separados dos seus homes. Sabían que, se cadra, o perigoso océano, a piratería e os conflictos en alta mar podería facer que moitos deles nunca volveran, e as familias ficaban rotas para sempre.

Daquela os homes embarcados en grandes navíos cruzaban os mares do mundo con rumbos diversos, e en non poucas ocasións os homes pasaban fronte as costas da fisterra, non lonxe da ollada das súas familias, sendo sabedores de por meses non habían regresar. Así unha carta, ou unha chamada de teléfono dende o estranxeiro ou un rumor traído a casa por un compañeiro, contáballes as familias as datas aproximadas en que tal o cual barco pasaría fronte á Costa da Morte. Alí iba embarcado o seu home, o seu pai, o seu familiar fitando as mulleres dende a atalaia o horizonte.

O lume, un dos elementos que une nas noites frías do Nadal

O lume como código de amor

Dende alí vían o barco, os grandes cargueiros cruzando as augas da fisterra, cos seus homes no interior, e elas podían fitalos pasar. Mais non chegaba con fitalo, senón que dende o barco tamén se vía a costa, e na costa a familia, a muller, o amor que deixaron na terra. A resposta estaba no lume. Cachaleras de diferentes tamaños e formas, coma un código entre a costa e o amado, eran feitas dende as mulleres nestas laxes para que os seus homes recoñeceran que o seu amor seguía aceso.

Mais antes diso xuntos ó pé do mar, a parella tiña que facer a promesa, marcar o código, prometerse que había volver, que había sobrevivir as penurias e volver san a casa coa familia e cos cartiños no peto, e estar con eles antes de volver marchar. Así achegábanse á atalaia, prometíanse a volta, e co Atlántico de testemña e máis cos derradeiros raios do sol no horizonte, prometíanse o amor e a volta grabando os seus nomes e a data na pedra.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: