fbpx
Unha das estancias da sauna castrexa de San Cibrao, conservada desde o lousado ata o chan, cunha porta de 1,6 metros de altura / MARIÑA PATRIMONIO

A maior sauna castrexa do noroeste será tapada para continuar unhas obras

Tempo de lectura: < 1 min.

Dirección Xeral de Patrimonio ordenou deter a escavación iniciada o pasado 7 de xuño, cando unhas obras de saneamento na Atalaia de San Cibrao deixaron ao descuberto unha sauna castrexa, a sexta documentada en Galicia e, quizais, a máis grande do noroeste peninsular. A Xunta ordenou tapar o xacemento, cinguido polas casas do Porto de Arriba, e polo de agora non se prevé que haxa unha nova cata. As actuacións interrompidas comezaron de novo.

Así o confirmaron o pasado martes o arqueólogo que dirixiu a escavación, Emilio Ramil (Axa Arqueoloxía), o especialista encargado de controlar as obras de substitución das canalizacións de fibrocemento por outras de PVC, e o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, tal e como informa o Xornal da Mariña.

Conservación única

A escavación realizada permitiu documentar catro estancias, con algunhas paredes de ata tres metros de altura –cando o habitual é que non se manteñan en pé máis de 40 ou 50 centímetros- nas que se conservan desde o chan ata o tellado. Atopouse unha antesala cun banco corrido, un tanque ou piscina de auga e un forno adosado, onde se quentaban os cantos rodados que se botaban na auga para aumentar a temperatura e provocar o suor dos usuarios.

Tamén se documentaron dúas pedras formosas -a segunda no último día da investigación-, grandes monólitos de dous metros que servían -cun espazo pequeno para entrar e saír- de peche para conservar o vapor na cámara. Toda a información no Xornal da Mariña.

Pode que che interese...