fbpx
Ruínas de San Tirso no voo do 59, onde se aprecia perfectamente o foxo do castro / Capítulo 0

Na procura dos segredos do mosteiro que naceu nun castro fronte a dúas illas míticas

Tempo de lectura: 2 min.

Concello de Xove realizará unha cata no xacemento de San Tirso de Portocelo. O executivo local quere poñer en valor un sitio arqueolóxico singular, no que se atopa unha ermida, construída a partir das ruínas dun antigo mosteiro altomedieval, levantado á súa vez sobre un castro.

San Tirso de Portocelo foi fundado por Rodrigo, un diácono de Coímbra que fuxiu da cidade cando a invasión musulmana. Hoxe o que quedan son as ruías dunha igrexa do século XVII nunha punta sobre o mar.

Pero San Tirso garda moitos segredos. Toda a súa contorna está chea de historia e de lendas. Hai topónimos vinculados a castelos, o propio nome de Portocelo, que remite a súa orixe monacal e tamén dous illotes míticos, o da Barca e o de Ansarón. No primeiro di a tradición que é a barca de pedra na que chegou San Tirso. O outro, o de Ansarón, era o fogar dun conde que viña, segundo a lenda, á misa a San Tirso.

Ruínas de San Tirso de Portocelo, en Xove / Capítulo Cero

Pero o máis extraordinario deste antigo mosteiro é a súa ubicación. Está nun antigo castro que pecha varias penínsulas e que ten uns foxos descomunais para a súa época. E aí foi onde os monxes decidiron construír a súa igrexa, moitos anos antes da chegada dos normandos que pasaron e asolaron estas costas e aos que, de seguro, lles custou penetrar nesta pequena fortaleza.

De feito, as escavacións que se farán en San Tirso serán na zona dos foxos. Polo momento, o concello quere respetar o espazo relixioso. De feito, ao carón da igrexa aínda se conserva un vello cemiterio no que están enterrados os familiares dos habitantes da aldea. Máis información no Xornal da Mariña.