fbpx
Un dos modos do videoxogo sobre as Guerras Irmandiñas

Outrora… Axuda a crear o primeiro gran videoxogo sobre as Guerras Irmandiñas

Tempo de lectura: 2 min.

Século XV. Tra-las revoltas e a Guerra, algúns dos Irmandiños supervivintes conseguen escapar a un refuxio no monte. Pouco a pouco foron chegando máis fuxitivos e rebeldes a este pequeno asentamento. Co paso de tempo este asentamento foi medrando ata convertirse nunha vila cun exército listo pra atacar de novo.
Esta vila Chámase Outrora.

Esa é a idea do primeiro gran videoxogo sobre as Guerras Irmandiñas, a primeira gran revolución da Europa moderna. Para iso, o único que hai que facer é axudar a Iván Zelta, o seu promotor, a través da plataforma Verkami. O videoxogo está deseñado para Windows, é de estratexia, está destinado a todos os públicos e quere estar en liña en xaneiro de 2020.

Os xogadores terán que ceibar ás cidades da tiranía da nobreza loitando contra seus exércitos. Poderán comerciar con recursos e investigar tecnoloxías para mellorar as túas tropas. “Se consegues derrocar as outras monarquías poderás tomar o control dos territorios e ampliar o teu imperio”, apunta o impulsor do videoxogo.”

“Ata agora creei un modo campaña con 16 cidades, 8 tipos de recursos e 8 tipos de tropas, un só modo de dificultade e dúas velocidades (normal, axiña) e podes gardar un máximo de 3 partidas. Compuxen unha pista de audio para a banda sonora”, apunta o impulsor do xogo.

Para desenvolvelo pide 2.ooo€ para realizar un modo campaña con 40 cidades e 6 reinos para conquistar, un Panel diplomacia para interactuar cos outros reinos, 4 velocidades e 8 ocos para gardar partidas, 8 pistas de audio orixinais exclusivas para o xogo e realizalo en galego. “Se logro superar o obxetivo engadirei máis contido e máis idiomas”, suliña.

“Os meus recursos son limitados. Eu encárgome da programación e da música, pero necesito algo de axuda para que o xogo teña un aspecto gráfico máis profesional, e para poder seguir invirtindo tempo no desenrolo do mesmo, xa que cada vez require máis horas”, engade.

@s interesad@s poden participar en: https://www.verkami.com/locale/gl/projects/24171-outrora

Pode que che interese...