Un tramo do Camiño de Santiago / foto larahcvCC0

Queren un novo Camiño Inglés

Tempo de lectura: 2 min.

Na auxe das peregrinacións a Compostela os peregrinos chegaban por mar ás cidades da Coruña e Ferrol procedentes da costa francesa, dos Países Baixos e sobre todo de Irlanda e do Reino unido. De seguido cruzarían a pé en animais ou en carruaxes os pouco máis de 60 quilómetros que separarían a costa ártabra da cidade de Compostela. Porén, aínda que por moitos anos se cría que o farían por Betanzos, Carral e Sigüeiro, nos últimos anos esta idea está a ser posta en cuestión.

Percorrido do Camiño inglés

Xa contábamos no xornal, en xuño de 2018, que existen indicios razoables de que o camiño escollido polos peregrinos fora outro. Este pasaría por Arteixo, despois subiría a Cerceda preto do monte Xalo, continuando por Tordoia e Trazo ata as terras de Compostela, por tramos que se remontan á Antigüidade. O camiño, pasaría así por lugares tan singulares como o Santuario da Pastoriza, a vía XX romana, ou o Camiño da Guerra.

Un novo pulo

E é que este posible trazado do antigo Camiño Inglés foi plantexado vai un par de anos e respaldado por varios investigadores da Universidade de Santiago de Compostela. Dende aquela o Concello de Tordoia foi un dos grandes promotores da recuperación deste trazado histórico e, xunto cos concellos de Arteixo, Laracha, Cerceda e Trazo, que trataron de promover a investigación sobre esta ruta.

A día de hoxe segundo afirma o rexedor de Tordoia, o Concello xa conta cun informe no que se plasman os indicios sobre o antigo trazado ó tempo que se está a contrastar coa comunidade científica. Ademais o Concello de Tordoia está a organizar tamén diversas actividades para dar a coñecer a descuberta, entre elas a peregrinación que os seus veciños fixeron a pasada fin de semana a Compostela onde foron recibidos polo arcebispo Julián Barrio.

Un tramo urbano do Camiño de Santiago / foto larahcvCC0

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: