fbpx
O mosteiro de Albeos, na parroquia de San Xoán de Albeos, en Crecente / Patrimoniogalego.net

Axuda a salvar un mosteiro do século X convertido nun vertedoiro

Tempo de lectura: 3 min.

Na parroquia de Albeos, en Crecente, lugar onde naceu San Paio, consérvanse en pésimas condicións as ruinas dun mosteiro románico de freiras bieitas. Un mosteiro que leva anos convertido nun cortello e a punto de caer. De feito, seus donos decidiron poñelo á venda nun recoñecido portal de patrimonio para que alguén poida restauralo. O prezo de saída era de 300.000 euros, pero aínda así, ninguén poxou por el.

Hoxe non é máis que unha pequena finca rodeada das casas da aldea de Mosteiro na parroquia de San Xoán de Albeos.  Nos últimos anos, ademais do deterioro normal sobre a fábrica da obra medieval que se conserva, o lugar foise convertendo nun vertedoiro incontrolado que contén todo tipo de plásticos, latas, cristais e mesmo electrodomésticos en desuso que se foron depositados alí.

Mosteiro de Albeos, en Crecente, do século X, e convetido nun vertedoiro / O sorriso de Daniel

As orixes

As orixes deste cenobio remóntanse até o século X, momento no que o bispo de Tui, Hermoxio, mándao construír na honra do seu sobriño Paio, martirizado en Córdoba durante o califato de Abderramán III, no ano 925. De feito, é mencionado na documentación como a doazón de Dona Urraca da metade do mosteiro ao bispado de Tui en 1071. Se ben, a actual obra que nos chega moi alterada, poderíase datar cara finais do século XII ou principios do XIII.

“A día de hoxe, o mosteiro preséntasenos como un pequeno edificio de planta rectangular, carente de cuberta, invadido por unha grande mata de hedra e parte del empregado como alpendre”, recolle o portal Patrimoniogalego.net, que o ten na súa lista vermella.

As ruínas do mosteiro conservan entre outros valores patrimoniais un importante tímpano románico de rica iconografía tallado polas dúas caras que no exterior representa a imaxe dun Pantocrátor  rodeado de anxos e na cara interior ten tallada unha fermosa cruz de Entrelazos.

O cenobio aínda conserva un arco de medio punto que podería considerarse posterior á primitiva construcción e que na actualidade aparece tapiado. Dado que parte da construcción aparece parcialmente soterrada, sería preciso levar a cabo actuacións arqueolóxicas e desde logo unha urxente actuación de limpeza da vexetación e consolidación dos muros para a súa conservación.

Tímpano do mosteiro de Albeos, en Crecente / patrimoniogalego.net

Actuación do Sorriso de Daniel

E iso é o que vai facer a Asociación de Patrimonio románico O Sorriso de Daniel a finais deste mes de setembro. Unha vez acadado un acordo cos propietarios que residen no extranxeiro, realizarán unha limpeza “Que sirva para recuperar a dignidade que deberían ter”.

A asocición dirixiu unha carta informativa á Dirección Xeral de Patrimonio, rexistrada o 12 de agosto, comunicando as condicións nas que se fará esa limpeza e pediulle ao Concello de Crecente a colocación dun container de obra para proceder a depositar o material retirado e trasladalo ás instalacións que teña o concello para este tipo de residuos.

Os e as interesadas en participar en  http://osorrisodedaniel

O mosteiro de Albeos chego de refugallos / O Sorriso de Daniel

Pode que che interese...