fbpx
O Meigo de Tea co concelliero de Cultura de Ponteareas entregando as pezas atopadas nun castro / Concello de Ponteareas

Cando é a xente a que enriquece o patrimonio e a historia dos seus concellos

Tempo de lectura: < 1 min.

O museo municipal de Ponteareas ven de recibir a doazón de diferentes restos arqueolóxicos atopados nas inmediacións do Castro da Croa, en Ribadetea. E foron uns afeccionados á arqueoloxía os que atoparonl estes restos despois de que un veciño rozara nunha pequena zona do castro.
Trátase de restos de tégulas romanas, un elemento lítico, probablemente un machador e un trozo dun dolium pasan a formar parte da historia de Ponteareas.

“Estes tesouros poderán ser admirados no noso museo municipal no que tamén podemos atopar restos que evidencian a convivencias das culturas romanas e castrexas”, apuntan desde o Concello de Ponteareas. Entre as persoas que entregaron estes materiais está o coñecido como O Meigo do Tea ( omeigodotea.blogspot.com) un divulgador moi coñecido en determinados foros sobre o patrimonio.

O museo municipal de Ponteareas destaca pola presenza de numeros obxectos castrexos e romano. Tamén hai un togado da época galaico-romana, moitas moedas aparecidas nas excavacións dos castros da comarca, vidro, un dolium que transportaba viño e aceite ou os tellados de palla.

O concelleiro Fernando Groba agradeceu que os restos atopados foran entregados ao museo municipal para que “toda a cidadanía os poida desfrutar” e felicitou a “estes afeccionados á arqueoloxía por este acto de responsabilidade e por contribuír á protección do novo patrimonio histórico”.

O museo municipal de Ponteareas abrirá de novo as súas portas ao público logo de rematar as obras de eficicencia enerxética do edificio da biblioteca-museo e os traballos de reorganización das instalacións para ofrecer á cidadanía un servizo e unha visita máis atractiva.

Pode que che interese...