Francisco Cerdeira, director dunha das bandas de Cerdedo e neto do gaiteiro Cerdeira o Vello / Calros Solla

Manuel Cerdeira, un mestre de mestres da gaita galega

Tempo de lectura: 7 min.

Uns camiños conducen a outros e nas encrucilladas adoita manifestarse o prodixio. Mentres traballaba na elaboración dunha biografía de urxencia sobre o xornalista e escritor Santiago Gómez Tato, batín co artigo “El gaitero”, unha das súas colaboracións no semanario bonaerense Correo de Galicia (órgano da colectividade galega na República Arxentina).

Santiago Gómez Tato era fillo do notario monfortino Xesús Gómez Veiga, destinado a Cerdedo en 1908. Gómez Tato, nado arredor do ano 1895, pasou a súa mocidade nesta aldea de Montes, establecéndose na Arxentina en 1920. Amais de xornalista de renome, Gómez Tato deu ao prelo os libros de relatos De la tierra meiga (1924) e Céltiga (1924). Descoñecemos a data de pasamento de quen, pola fidelidade sentimental demostrada a Cerdedo, debera considerarse un dos nosos literatos máis destacados.

Na edición de Correo de Galicia do domingo 14 de outubro de 1923 (páx. 5), Gómez Tato asina un artigo de ton saudoso e resaibo elexíaco que, redactado en Buenos Aires o 25 de setembro dese ano, rescata do esquecemento a figura do gaiteiro Manuel Cerdeira, alcumado Cerdeira o Vello. Este músico tradicional, nado no Irixo e casado e aveciñado en Cerdedo foi, segundo o criterio do autor e o de moitos contemporáneos, o mellor gaiteiro de Montes (A Terra de Montes ten / de todo como en botica / bos canteiros, bos gaiteiros / bos cregos pra dicir misa). Amais, Cerdeira o Vello foi o petrucio dunha saga de grandes músicos: os Cerdeira. O célebre Francisco Cerdeira Gil (1884-1957), compositor e director dunha das bandas de Cerdedo, viña sendo o seu neto. Por desgraza, non se conserva retrato ningún de Manuel Cerdeira. 

Paga a pena reproducir o artigo na súa completitude, ao tempo que o arrequecemos con algunha que outra glosa. No primeiro treito, priorizando a atención dos lectores cerdedenses, Gómez Tato arrinca cunha apóstrofe:

Aldeanos de Cerdedo, de Folgoso, de Limeres, de Lourido, de Ventosa [Ventoxo]; de mi comarca, aldeanos y vecinos y humanos. ¿No conocisteis en vuestra juventud al viejo gaitero; al anciano Cerdeira? ¿No sentisteis en aquellas mañanas lejanas, hoy muertas, anidando tan solo en nuestra vaga memoria por la escuela virgen del recuerdo, cuando en primavera o verano u otoño o invierno recorría las encrucijadas de las pobres y geórgicas y tristes corredoiras de la aldea el viejo gaitero, puliendo y soplando en su gaita?

Aldeanos y vecinos y hermanos, asegurad, decid lo mismo que yo: “¡Sí, sí, nos acordamos del viejo Cerdeira, del viejo gaitero que ya murió!”.

Antonio Sueiro Cadavide, á dereita, alcalde republicano de Cerdedo tocando a gaita / Carlos Solla

Amplo repertorio

Intúese pola toponimia (Cerdedo, Limeres, Lourido) que o vello Cerdeira residía na parroquia de Cerdedo (en concreto, na capital, no rueiro da Mina). As referidas corredoiras (“pobres, xeórxicas e tristes”) ben poden ser a Verea Vella, a costa do Salgueiral, o camiño da Arnela, a Torrente cara a Santo Antonio, a congostra dos Pegos… Colixindo que Gómez Tato tivese 18 anos arredor de 1913, elucubraremos unha data de nacemento para o noso gaiteiro: o 1840, ano arriba ano abaixo (consúltese o libro As bandas de música de Cerdedo (2010)).

Fieis á descrición que nos ofrece o xornalista, o gaiteiro Cerdeira facía gala dun amplo repertorio (“ribeirás, valses, mazurcas, xotas…”). Posuidor de bos dotes para o canto (“voz potente, estridente, vibrante”), Cerdeira adobiaba o virtuoso tanxer do seu instrumento engarzándolle as perlas do noso cantigueiro.

¡No pudiera borrarse de nuestra memoria la silueta del simpático y típico gaitero; no pudiéramos olvidar las horas gratas ya esfumadas de nuestra adolescencia, cuando al son único, melodioso, terso de su gaita, inmensamente dichosos y felices nos sentimos rodeados por los más santos augurios que trazaba nuestra niñez; no podríamos igualmente olvidar aquellas ribeiranas, aquellas mazurcas, aquellos valses, aquellas jotas que nosotros, arrogantes, magistralmente bailábamos al son de su gaita, o al son de su copla cuando, no tocando, erguíase potente, estridente, vibrante su voz, y cantaba: “Asubía, asubía, / asubía que vai vento; / tamén eu asubiaba / cando era do teu tempo / A-la-laa-la-la-laaá”.

No segundo treito do artigo, perfilando o retrato do noso protagonista, Gómez Tato salienta o seu natural pándego e asemade melancólico; un home estremadamente fraco, de pequena estatura e de mesta e albela cabeleira. Era Cerdeira unha persoa meniñeira que engaiolaba a rapazada con contos da tradición oral e libresca, así como con historias de guerras pasadas que denantes escoitara, abofé, de boca de quen as padeceu en carne propia. Amasada a súa sabedoría na artesa da observación e o autodidactismo, Cerdeira atinxiu a senectude fornecido dunha ampla experiencia. O vello músico non só sabía, senón que, ademais, sabía contalo, de aí a expectación que provocaba no seu auditorio. 

Esmirrado, escuálido, mustio; era el viejo Cerdeira un hombre de talla pequeña, de abundante cabello canoso, muy bueno con nosotros los niños a quien nos contaba cuentos de hadas, de Las mil y una noches, de la guerra de Cuba o bien de la guerra de Napoleón. Cerdeira era todo un sabio; lo mismo entendía del tiempo, si iba a llover, a tronar, a brillar el sol, que de historia sagrada…”.

Mestre entre mestres

No tocante á súa destreza como gaiteiro, Gómez Tato salienta que Cerdeira se labrou naquel territorio a sona de mestre entre os mestres. Músico amante da troula e, ao tempo, xeneroso e sensíbel. Calquera festa parroquial víase valorizada se contar coa actuación de Cerdeira. As súas calidades facían del un auténtico showman, foco de atracción de innúmeros seareiros. Descúlpenme a comparanza: o vello Cerdeira era ás ruadas de antano o que a orquestra Panorama ás de hogano. 

De ser tocando la gaita el gaitero máis conocido y mejor que había en todos aquellos alrededores donde a su vez había muchos y bastantes que jactábanse de ser igualmente maestros. No obstante, Cerdeira era insustituible y el obligado en toda romería de importancia.

“¡Ti vas á festa; mira ben o que fas: tócache Cerdeira!”, decíanse las gentes unas a otras dando la primicia y la sensacional noticia de la asistencia por parte del mejor gaitero habido y por haber en toda aquella comarca.

Era el mejor reclamo que se le podía hacer a la gente, quien salvaba grandes e inmensas distancias, ávidos de sentirse arrullar por el sonido dulce y llorar de la gaita del viejo y simpático gaitero.

Era por parte muy festivo; él siempre en tren de juerga estaba, lloviese o tronase o hiciese calor; él había de tocar y tocar mucho y bien, cuando no, sacando sus labios del mágico y divo puntero, volvía a cantar, según su costumbre, como anteriormente, como lo solía hacer siempre: “Galicia terra querida, / naiciña sen galardón; / por ti, terra, dera a vida / e o sangue do corazón”.

Los mozos, bailando, aturuscaban, y cantando las mozas, la gente toda a coro, risueña y festiva parodiaba un sentimental ala-la-la-laaá..”.

Santiago Gómez Tato, autor do artigo sobre o gaiteiro Cerdeira / Calros Solla

No terceiro treito do artigo e final, Gómez Tato relátanos unha saborosa anécdota “cargada de bombo” que, con Cerdeira e mais el de protagonistas, ficara indelébel na lembranza dos seus anos mozos. Como xa dixemos, Santiago Gómez Tato era fillo de Xesús Gómez Veiga, o notario de Cerdedo. Por ser seu pai quen era, Gómez Tato andaba na aldea polo “Señorito”:

Como todos los rapaces del lugar, yo también tuve la suerte de tocar el bombo de Cerdeira. Fue una tarde que luego me costó tenerla para siempre grabada en mi memoria: fue una tarde de fiesta.

Le rogué me permitiese tocar el bombo, instrumento que me jacto de saber tocar y, no bien él dio la primera pitada en el puntero y yo descargué petulante, con aire de maestro, la maceta en la piel nívea, tersa y tirante del bombo, cuando una lluvia de puñetazos, coces, coscorrones, todos ellos furibundos, cayeron despiadadamente, cubriendo el cuerpo del “señorito”. Quedé inmóvil, perplejo, idiotizado. Lirio guiñábame sus ojos, lo mismo que todas las estrellas fugaces, dobles, triples, que parecíanme burlábanse de mí, mas todos estos astros constataron con la multitud que, ávidos de saber por qué el inhumano Cerdeira me golpeara de aquel brutal modo, dejaran de bailar y arremolinábanse a mis pies, soltando una que otra frase de lástima y conmiseración.

−¡Pobre rapaz! ¡Pobre señorito!

−¡Que probe nin que centellas! ¡Quen lle manda mentir; di que sabe tocal’o bombo e o que el sabe ben é rompelo!! ¡Mal’e nai que o pareu!

−¡Mal’e nai que che pareu! −sentenciaron todos a una al saber que, debido a mi imprudencia, no habría más gaita; no habría más fiesta…”.

Un gran carácter

Dedúcese da lectura que Cerdeira era un home de forte carácter e temperamento, pois non dubidou en darlle unha malleira ao fillo dun dos próceres de Cerdedo. Sen escusar o seu comportamento (eran outros tempos), Cerdeira debíase mostrar intransixente cando da música se tratar: tanto a execución da peza coma o coidado dos instrumentos tiñan que ser impecábeis. Para estes mesteres de pouco valían as influencias.

Te recordaré, viejo Cerdeira, viejo gaitero, no sé si para reír o si para llorar; pero lo cierto es que siempre para ti tendré mi más grande admiración. Tú has sido el gaitero mejor de toda mi extensa comarca; tu gaita dulce y melodiosa entró en mi alma con ese dejo de tristeza que ahora añoro; cuando vuelvo los ojos hacia mi niñez esfumada y pretérita, oigo lejanas, como en noches vívidas, la voz que emerge y que sale triunfal de tu mágico, de tu divo puntero, y cuando llego a pensar que ya has marchado, que la pálida “morte et mortes” te ha absorbido, deseara llorar amargamente de dolor y de añoranza, mas el sonido de tu gaita que ha llorado siempre, lejana sí, muy lejana, parezco oír y como en otrora, vuelvo a cantar, vuelvo a bailar, vuelvo a reír.”.

Gómez Tato xamais lle gardou rancor a Cerdeira, ben ao contrario, o xornalista remata o seu artigo reafirmando a súa admiración polo personaxe e salientando de novo a súa excelencia musical: “Tú has sido el gaitero mejor de toda mi extensa comarca” ou “El mejor gaitero habido y por haber en toda aquella comarca”. Manuel Cerdeira debeu falecer en Cerdedo a comezos dos anos 20 do pasado século. Xa que o célebre Avelino Cachafeiro o Gaiteiro de Soutelo naceu en 1899, non é desatinado pensar que o vello Cerdeira, o gaiteiro de Cerdedo, fose un espello no que se mirar.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Profesor, investigador e etnólogo

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: