Monumento a Méndez Núñez da Alameda / foto Compostela Verde

Méndez Núñez, un dos mariños máis destacados de Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

“Máis vale honra sen barcos que barcos sen honra”. Esta é a frase que inmortalizou Casto Méndez Núñez, un dos mellores mariños que deu o século XIX en Galicia. Méndez Núñez foi un mariño galego que polos seus propios méritos conseguiu ascender ata facerse contralmirante da Real Armada Española e capitán da fragata Numancia.

O contralmirante Casto Méndez Núñez / foto Calcografía Nacional, Madrid

A súa fama procede sobre todo do seu liderado no Combate de El Callao, o 2 de maio de 1866, durante a chamada Primeira Guerra do Pacífico. Na guerra enfrontárase a Armada Española cunha coalición de países hispanoamericanos liderados por Perú.

Aínda que a armada se retirou do combate, e que ambos bandos se deron por vencedores, en España se deu o combate como unha gran vitoria nacional, e como un gran éxito naval do reino. Durante o combate, Méndez Núñez bombardeara a cidade de Valparaíso (sen defensas) e o porto de Callao. Conseguira tamén traer ademais todos os buques que participaran no combate á porto, polo que se deu a batalla como vencida.

Amais deste “éxito” militar Méndez Núñez tamén foi o responsable doutros fitos, xa que durante anos foi o almirante en Filipinas defendendo bravamente a frota española dos habituais ataques piratas, o que lle deu o seu final ascenso. Tamén participou na primeira volta ó mundo nun buque blindado, a fragata Numancia, un dos máis célebres barcos da Armada Española.

palmeiras nos xardíns de Méndez Núñez na Coruña / foto proxectopalmeirapontocom

É por iso que no último terzo do século XIX os éxitos de Casto Méndez Núñez foron especialmente recoñecidos en Galicia. A el se lle dedicaron rúas nas principais cidades de Galicia e xardíns como os da Coruña ou Santiago de Compostela. En Vigo, onde naceu, recórdase cunha escultura na Alameda e en Pontevedra, onde finou, a praza onde hoxe se atopa a escultura de Valle-Inclán leva o seu nome. A día de hoxe Casto nomea a fragata F-104. Finou tan so tres anos despois do combate de Callao por causa das feridas contraídas aquel 2 de maio.

 

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica e creador de entornos virtuais. Investigador independente, especialista en arquitectura e territorio. Colaborador habitual de Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: