fbpx
Unha das estancias da sauna castrexa de San Cibrao, conservada desde o lousado ata o chan, cunha porta de 1,6 metros de altura / MARIÑA PATRIMONIO

Polémica polo soterramento do que pode ser a sauna castrexa máis importante da Península Ibérica

Tempo de lectura: < 1 min.

A decisión da Xunta e do Concello de Cervo de non escavar a gran sauna castrexa atopada neste concello abriu unha fonda polémica. A Xunta argumento que a escavación podería poñer en perigo algunhas casas e complicaría o tráfico da zona, aínda que entidades como Mariña Patrimonio negan tales incidencias.

Finalmente, decidiuse tapar o monumento sen escavalo, aínda que na zona continúan as obras, algo que fixo saltar as alarmas. O concello e maila Xunta aseguraron que estas obras no representan un perigo para o xacemento, que o Goberno galego decidiu tapar tras unha primeira prospección arqueolóxica.

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) cervense fíxose eco dunha denuncia de Mariña Patrimonio e pediu a convocatoria da comisión de patrimonio e urbanismo ao entender que unha apisoadora puido danar a estrutura da sauna, “non suficientemente soterrada nin protexida”.

A edil de patrimonio e primeira tenente de alcalde, Dolores García Caramés, asegurou que as actuacións estanse a acometer “baixo a supervisión continua dun arqueólogo, e desde o Concello estamos a seguir en todo momento as directrices marcadas pola Dirección Xeral de Patrimonio, velando sempre pola conservación dos nosos bens históricos”. Toda a información no Xornal da Mariña.

Pode que che interese...