fbpx
Bandeira que foi utilizada para representar o reino suevo

Vídeo: Cal e a verdade sobre o Reino Suevo en Galicia, o primeiro reino de Europa?

Tempo de lectura: < 1 min.

O descoñecido e fascintante mundo suevo en Galicia chega ás pantallas da TVG. Será a primeira vez na historia da canle pública que se emita unha serie exclusivamente adicada ao primeiro reino europeo. A estrea será este vindeiro 30 de setembro, ás 23.15, na segunda canle da TVG.

“O Reino Suevo de Galicia” está escrita e dirixida por Simón Casal de Miguel e ten como asesor histórico a Jorge López Quiroga, comisario da exposición “In Tempore Sueborum” celebrada o pasado ano en Ourense e a partir da cal xurde este proxecto, que é unha produción de LaRegion TV.

“Á luz das últimas investigacións e da man dos maiores expertos de Europa dispoñémonos a explorar a creación, o auxe e a caída do Reino Suevo de Galicia (411-585 d.C.). É a historia do primeiro reino medieval de occidente, pero tamén é un relato sobre como se fai a historia e como nola contaron”, apunta Simón Casal, impulsor deste proxecto nun comunicado.

A serie fai un percorrido polo Reino Suevo de Galicia, que no seu momento de máxima expansión dominou a metade occidental da península ibérica, creouse durante os Anos Escuros, “chamados así porque as historias que se escribiron sobre eles foron obxecto de enorme controversia e manipulación ao longo da historia”. “Os datos que se descubriron recentemente e as interpretacións que propoñen os historiadores, permítennos ver con outros ollos algúns dos retos máis importantes que afrontamos hoxe no Século XXI, como as grandes migracións, o auxe e caída dos imperios ou a batalla dos relatos”, apunta Casal.

Pode que che interese...