fbpx
Busto relicario da cabeza de Santiago Alfeo, ou o Menor. Capela das Reliquias. Catedral de Santiago.

Coñece a historia da disputada reliquia da cabeza do apóstolo Santiago

Tempo de lectura: 4 min.

O culto as reliquias sagradas foi unha característica do cristianismo e outras relixións dende as súas orixes. A veneración destes restos de supostos mártires ou santos foi extremadamente popular durante a idade media. Neste contexto podemos encadrar multitude de casos onde se buscou e incluso traficou coas reliquias, con resultados tan extravagante como a da existencia do mesmo “tesouro” en varias localizacións a vez e que era venerado por igual nos seus respectivos templos.

Xelmírez co rei Alfonso VI, miniatura do Tumbo de Toxosoutos.

Polo que se refire aos antecedentes e orixe da historia das cabezas de Santiago temos que atopalas no chamado “Pío Latrocinio”, o episodio protagonizado polo primeiro arcebispo da sé compostelana Diego Xelmírez alá polo 1102, o cal para engrandecer a igrexa compostelá “tomou prestadas” e trouxo á esta sé as reliquias de San Fructuoso, San Silvestre, Santa Susana e San Cucufate que estaban na sé de Braga, coa escusa de que por aqueles lugares estaban faltas de atención e pouco veneradas. Esta acción trouxo como consecuencia o enfrontamento aberto con Mauricio Burdino, relixioso que chegaría a ser nomeado arcebispo de Braga e Coimbra entre os anos 1109 a 1114.
As Consecuencias de tan “piadoso acto” non se fixeron esperar e Burdino no ano 1104, pouco tempo despois do espolio do prelado compostelán, foise a Xerusalén e dixo facerse, despois de 5 anos de peregrinación, co auténtico cranio do apóstolo mártir Santiago o Maior venerado na catedral galega. Acción esta que vén sendo froito doutro roubo feito a pico e pa nunha cripta de terra santa.
A partires de aquel feito este relixioso comeza unha campaña para desprestixiar a poñer en entre dito os restos que se adoraban no templo Compostelá e de paso devolverlle a xogada a don Diego.

Imaxe de reliquias

Dende Santiago a reacción foi instantánea, nunha rápida operación contrarrestouse esta nova realidade cambiando os vellos relatos da “Translatio”, término co que se coñece a lendaria chegada do apóstolo por mar dende Palestina a Santiago. No ano 1109 -1110 engadirase ao texto unha nova precisión onde se afirma agora que os discípulos trasladaran o corpo “coa cabeza”.

Recóllese asimesmo no libro V, capítulo 9. Do corpo e do altar do apóstolo no Códice Calixtino, unha afirmación a modo de advertencia :

“erubescant igitur emuli transmontani, qui dicunt se aliquid ex eo, vel reliquias ejus habera. Apostolicum namque totum ibi habentur corpus”

(Ruborícense, pois, os émulos transpirenaicos, que afirmen poseer unha parte ou reliquias súas porque o corpo do apóstolo atópase íntegro alí)

 

 Fragmento da tabla «Traslado do corpo de Santiago o Maior ante o pazo da Raíña Lupa », de Martín Bernat (1480 - 1490). Museo do Prado. Fragmento de la tabla «Traslado del cuerpo de Santiago el Mayor ante el palacio de la reina Lupa», de Martín Bernat (1480 - 1490)

Fragmento da tabla «Traslado do corpo de Santiago o Maior ante o pazo da Raíña Lupa », de Martín Bernat (1480 – 1490). Museo do Prado.

O regalo da raíña Urraca

A reliquia en disputa acabou pasando ao priorato de San Zoilo de Carrión e finalmente a León. No ano 1116 a raíña Urraca donoulla ao bispo Xelmírez para reconciliarse con el, e este tróuxoa para Compostela. Pero aquí elabórase un episodio de astucia do noso bispo. Este por un momento deixouse arrastrar pola xenialidade de adherirse a tese de Coimbra, e dende o milladoiro de San Marcos organizou unha solemne procesión coa cabeza transmutada outra vez en cabeza de Santiago o Maior. Esta operación pretendía ser  unha magnificación da súa  persoana ante a actitude dos múltiples opoñentes das súas políticas, denominados “traidores” nos textos da H. Compostelá.

Pasado o tempo e para non interferir na coherencia das antigas crónicas sobre a integridade do corpo do apóstolo, que parecía agora ter dúas cabezas, a finais da idade media foi atribuía a Santiago Alfeo irmán do apóstolo Xudas Tadeo, coñecido como “Santiago o Menor” e “Primo de Cristo”. Hoxe está exposta e presidindo o retablo na Capela das Reliquias ou tamén chamado Panteón Real da catedral, nun busto relicario do ano 1322 feito de prata e xemas mandado facer por outro arcebispo non menos conflictivo, Berenguel de Landoira. Na catedral de Ancona en Italia aseguran tamén dispor desta mesma cabeza no seu museo catedralicio.

Panteón Real ou Capela das Reliquias. Catedral de Santiago. Foto Xacopedia

Panteón Real ou Capela das Reliquias. Catedral de Santiago. Foto Xacopedia

Como compensación pola perda da cabeza do apóstolo de Santiago o Maior, Mauricio Burdino obtivo para Braga a reliquia do santo mártir persa “Santiago o Interciso”, un mártir persa que viviu no século V que fora esnaquizado en anacos pola súa defensa do cristianismo.

Bibliografía

López Alsina, Fernando. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media. ed. 2013. Consorcio de Santiago
Historia Compostelana. Edición de Emma Falque Rey. Akal. Clásicos Medievales.1994
En rede: web Xacopedia.com

Escrito por

Divulgador

Pode que che interese...