fbpx
Kike Estévez e o Ribeira de Louzarela, durante a gravación dun vídeo para o proxecto é-Brindo | aCentral Folque / Lugo Xornal

O Ribeira de Louzarela, un bardo de 93 anos

Tempo de lectura: < 1 min.

Os brindos son conxuntos de catro versos nacidos da pura improvisación, de mentes rápidas que son quen de rimar as palabras que descobren ao redor. As súas raíces sitúanse nas reunións entre veciños para se axudar cos traballos do agro (matanzas, carretos…). Porén, foron as vodas campesiñas as que facilitaron a estabilidade deste xénero. “Daquela, hai cen anos ou máis, os casamentos celebrábanse nas casas. A xente que non fora convidada achegábase alí e, ao rematar a cea, comezaban a mandar cantigas dende fóra cara ao interior. No Courel e nos Ancares, eses eran os ‘brindadores da fóra’. Cantaban para pedirlles tabaco ou un pedazo de rosca á xente que estaba na casa”, explica Kike Estévez. filólogo e profesor que asinou o monográfico O Ribeira da Louzarela, brindador da dentro. El é quen nos explica as orixes destes cantos e quen nos achega a figuras como a do Ribeira.

Estás dúas formas de oralidade —os brindos e os romances— tiveron moito pulo en tempos pasados, pero aínda hai quen as defende con gusto. O Ribeira de Louzarela é o mellor exemplo diso. Os noventa e tres anos de Antonio Río, veciño de Pedrafita do Cebreiro, non lle son impedimento ningún para improvisar os seus brindos. Pode dar boa fe diso Kike Estévez, filólogo e profesor que asinou o monográfico O Ribeira da Louzarela, brindador da dentro. El é quen nos explica as orixes destes cantos e quen nos achega a figuras como a do Ribeira. Toda a reportaxe en Lugo Xornal.

Pode que che interese...