fbpx
Escavación en Os Conventos, na Pobra do Brollón / Adegas da memoria

Ósos do século X descubertos na Ribeira Sacra proban que os ritos cristiáns “estaban moi mesturados cos ritos pagáns”

Tempo de lectura: < 1 min.

A proba do Carbono 14 realizada aos restos humanos atopados o pasado mes de maio nunha escavación arqueolóxica no lugar de Os Conventos, na Pobra do Brollón (Lugo), en plena Ribeira Sacra, demostra que datan do século X.

En concreto, na campaña, que tivo lugar na parroquia de Vilachá de Salvadur, baixo a dirección do arqueólogo Xurxo Ayán e coa participación do Incipit-CSIC, foron achados no último momento un cranio, unha vértebra e dous fémures dos que se sospeitaba que eran da época prehistórica.

Con todo, estes restos humanos foron enviados a Estados Unidos para sometelos á proba do Carbono 14, que arroxou que son do século X. A pesar de que finalmente os restos datan do século X, Xurxo Ayán asegurou que o resultado “é interesantísimo”. “Os restos pertencen ao período dos séculos escuros, dos que non temos moita información. Unha época na que os ritos cristiáns eran diferentes aos de hoxe e estaban moi mesturados con outro tipo de elementos pagáns”, explicou. Toda a información no Xornal de Lemos.

Pode que che interese...