fbpx
Recreación dun banquete no Samaín arredor dun lume purificador

Samaín, Magosto ou Halloween?… En que se está a converter o Día de Defuntos

Tempo de lectura: < 1 min.

Ata hai pouco máis de cinco anos, cando se achegaba o primeiro día de novembro, as crianzas de moitas escolas bulían para coller as castañas máis grandes e levalas ao colexio. Alí, no común, mestres e mestras, nenos e nenas, asábanas e comían nelas. Era a tradición que cumpría para aquel día. Pouco a pouco as castañas foron mudando por outro tipo de elementos decorativos: arañas, cabazas, caveiras…

Unha volta de folla. Estoutra celebración á que chamamos Samaín xurdiu co gallo de recuperar as nosas tradicións celtas máis antergas. Mais… Canto de Samaín celta ten o Samaín que festexamos hoxe en día? Canto do Halloween americano? E se o verdadeiro Samaín é o Magosto de toda a vida? E se estamos aquí, cambiando castañas por caveiras, sen moito xeito?

Moitas reunións de profesores nestes días pasados vense ante o dilema de como celebrar o Samaín nas escolas. Hai mestres que apostan por unha decoración máis parecida ao Halloween, outros que prefiren darlle maior protagonismo á castaña, outros que non ven pedagóxico todo o contido violento que envolve a festividade… E namentres, o Samaín queda reducido a unha celebración do Halloween estadounidense á que só lle cambiamos o nome para “galeguizalo” e “facelo máis noso”. Podes ler toda a reportaxe no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...