A Xunta desbota o Museo da Romanización e gastará dez millóns en facer un hotel en Lugo | Historia de Galicia
Obras no Cuartel de San Fernando de Lugo / Íñigo Mouzo

A Xunta desbota o Museo da Romanización e gastará dez millóns en facer un hotel en Lugo

Tempo de lectura: < 1 min.

conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, trasladou á plataforma cidadá que apoia que o Museo da Romanización de Galicia se emprace sobre o vello cuartel de San Fernando en Lugo, que dita instalación se leve ao Museo Interactivo da Historia (MIHL) para converter o cuartel nun parador.

Así, suliñou que nese edificio quérese situar, “despois de facer un estudo de viabilidade, un parador, pero un parador non é só un hotel senón un espazo aberto ao público, moi vinculado en ocasións ás actividades expositivas e sería unha especie de parador museo”, comentou.

O investimento para isto último ascendería a dez millóns de euros, comprometéndose a Xunta a achegar o cincuenta por cento do total desta consignación. Segundo comentou, ese parador ofrecería un servizo “de 45 habitacións, máis de cen prazas, tres salóns, un restaurante e un salón de xantares”. “En cifras expomos unha rehabilitación ao redor de 4000 mil metros cadrados”, estimou. Toda a información en Lugo Xornal.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: