fbpx
O apalpador, figura mítica do Nadal galego

Así foi a redescuberta do Apalpador: Unha viaxe ao Courel en 1985

Tempo de lectura: < 1 min.

Unha conversa co antropólogo que “re-descubriu” o Apalpador, José André Lôpes, permitiu un percorrido sobre esta figura e as súas posibles raíces, tanto etnográficas como culturais. A recuperación deste personaxe permite, segundo algunhas voces, facer fronte á globalización das festas do Nadal, ofrecendo unha nova visión desde o máis próximo.

A viaxe a Romeor do Courel en 1985 foi o comezo de todo. A compañeira de José André Lôpes era natural daquel lugar e así pasou a noite de Nadal daquel ano. Unha visita á casa dunha veciña foi o comezo de todo. “Fomos á casa de Amadora do Galego que metía présa para deitarse cedo porque o Apalpador estaría por chegar” lembra Lôpez. A primeira reacción foi preguntarlle a Amadora que era o Apalpador. Logo foi corrobando o relato de Amadora con outros testemuños. A publicación primeiro para o Centro Galego de Alcalá de Henares e logo no Portal Galego da Lingua, prendeu o rexurdir do Apalpador.

“Foron asociacións culturais e sociais as que dinamizaron a figura do Apalpador, unha tradición que estaba a piques de morrer” declara José Lôpes. Porque ese é o medo, a perda de tradicións que desaparecen. “Cada vez que unha persoa maior morre, desaparece unha biblioteca de saberes” remarca Lôpez. O antropólogo quedou sorprendido co dinamismo de diferentes asociacións e a súa teimosía en recuperar esta figura.

“Fixen algún artigo máis sobre o Apalpador, mais non continuei coa investigación, si sei que houbo axudas para a investigación sobre este tema que non seguiron adiante”. O desexo de Lôpez era que esa tradición non morrese como moitas outras que si o fixeron ben porque non se recollera a tradición oral ou ben por represión. Podes ler toda reportaxe no Galicia Confidencial.

Pode que che interese...