fbpx
Mapa do reino suevo na antiga Gallaecia / wikiwand.com

Galicia como primeiro reino medieval de Europa véndese como destino turístico

Tempo de lectura: 2 min.

A Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e alcaldes, alcaldesas e outros representantes dos 14 concellos que abrangue o Xeodestino Ría de Vigo – Baixo Miño (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) presentaron este mércores en FITURMadrid o seu primeiro produto turístico: unha ruta turística polo primeiro reino medieval de Europa.

“Trátase dun percorrido artellado a través de diferentes etapas, dende os primeiros poboadores que deixaron o seu selo nas pedras ata os nosos días. Buscamos impulsar a creación de produto que evidencie a importancia do rol desempeñado polo noso xeodestino na historia de Galicia, un produto sostible, singular, perdurable e diferente”, sinalou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, durante a presentación en FITUR

Sinalan que a ruta terá un marcado enfoque vertebrador do xeodestino “que o turista se mova por todo o territorio de Ría de Vigo e Baixo Miño. Persoas que durman en Tui terán escusas para visitar San Simón e as que fagan noite en Baiona seguro que poderán achegarse ao Baixo Miño”, destacou Sandra González, alcaldesa de Tomiño e presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, quen recalcou que “queremos ofrecer ao turista elementos perdurables e que nos identifiquen. Na actualidade, as persoas son moi activas percorrendo un destino e compartindo a súa experiencia nun mundo cada vez máis dixital. A nosa proposta é que esa experiencia, eses recordos, sexan gardados para a posteridade”. Toda a información no Xornal de Vigo.