fbpx
Ofrenda do antigo Reino de Galicia / Turismo.gal

A Xunta quere facer BIC a Ofrenda relixiosa do Antigo Reino de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

instancias do Bispado de Lugo, a Xunta anunciou que iniciará os trámites para promover a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, unha tradición con “unha acreditada historicidad” que forma parte do patrimonio inmaterial e do “carácter identitario” da comunidade.

Anualmente, o domingo seguinte ao Corpus Christi ten lugar en Lugo un acto institucional e relixioso no que participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Trátase da ofrenda ao Santísimo e a súa posterior procesión pola cidade, coa que aqueles cumpren co voto solemne que fixeron en 1669, ante as dificultades económicas da Catedral de Lugo, de dotala dunha renda anual coa que iluminar o Altar Maior. Toda a información no Xornal de Lugo.

Pode que che interese...