fbpx
A estrada LU-231 (Friol-Palas) está rodeada de árbores autóctonas e tradicionais muros de pedra e rodeada de caralleiras. É aí onde se quere ampliar a estrada para asfaltala | Apatrigal

Campaña contra o asfaltado dunha carballeira

Tempo de lectura: < 1 min.

A Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego (Apatrigal) iniciou unha recollida de sinaturas na plataforma Change.org para solicitar que se paralice o proxecto de ampliación da LU-231, entre Friol e Palas. Consideran que estas obras son “innecesarias” e alertan de que “arrasarían” con numerosas árbores autóctonas e con quilómetros de muros de pedra construídos de xeito tradicional.

Apatrigal dirixe esta petición ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, pois é a Administración autonómica a que promove as actuacións nesta estrada a través da Axencia Galega de Infraestruturas. Previamente, Apatrigal xa presentara alegacións ao proxecto e mesmo achegaran un informe técnico que desaconsellaba as obras por implicar un probable aumento de sinistralidade. “A ampliación lateral da estrada Friol-Palas é innecesaria, porque a estrada non ten tráfico. Basta con asfaltala correctamente e aforraremos o 90% dos seis millóns de euros previstos”, aseguran. Toda a información no Lugo Xornal.

Pode que che interese...