fbpx
Pintura mural aparecida na igrexa do mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte de Lemos / Ministerio de Cultura

De quen é e que representa a pintura inédita atopada nun dos grandes mosteiros de Galicia?

Tempo de lectura: < 1 min.

Os traballos de conservación e restauración que se están a desenvolver na igrexa do mosteiro de San Vicente do Pino, en Monforte de Lemos, sacaron á luz “unhas pinturas murais inéditas en bo estado de conservación e de gran interese histórico e documental”.

Segundo informa Xornal de Lemos, o achado produciuse o pasado 31 de xaneiro, tras o retablo maior do templo, despois de que a súa estrutura fose desmontada para o seu traslado e tratamento. As pinturas representan, a modo de grisalla, elementos figurados. Entre outros, pódese observar unha imaxe de Cristo.

Esta interesante pinturas súmase as xa existentes no altar maior, cun mural alegórico que representa a tortura de San Vicente e no cenobio, cunha ssingular imaxe de santa Ana coa Virxe María e o Neno. Con todo, diversas partes da igrexa encóntranse moi deterioradas, entre elas as valiosas pinturas murais e algunhas vidreiras, polo que existe un plan de restauración coa intención de recuperar o seu patrimonio artístico.

Gran centro monacal

O mosteiro de San Vicente do Pino formou parte dun dos conxunto monumentais máis importantes de Galicia. Situado en Monforte de Lemos, está flanqueado polos restos do castelo, do que se conserva parte da muralla e mailos cubos defensivos, a torre da homenaxe e os restos do palacio dos condes de Lemos. Hoxe, o mosteiro e mailos restos do palacio constitúen o Parador Nacional de Monforte de Lemos

Aínda que as orixes do mosteiro en si remontan ao século X, a edificación actual iníciase no século XVI. A praza do edificio conventual é neoclásica, tanto a súa fachada como o claustro. A igrexa monacal ten a súa portada renacentista, mentres que o interior se enmarca no gótico de transición, cuberta de bóvedas estreladas sobre arcos agudos.

Pode que che interese...