fbpx

Que hai detrás do anuncio da posta á venda dos terreos do Museo de Rande por parte da familia Martínez-Bordiú?

Tempo de lectura: 2 min.

A controversia saltou este fin de semana logo dunha información recollida polo Faro de Vigo que sinalaba que unha inmobiliaria puxera á venda os terreos e edificios do Museo de Rande e apuntaba á familia Martínez-Bordiú como os propietarios dos mesmos.

Segundo a información, o Museo de Meirande situado nos terreos da coñecida como “Fábrica do Alemán”, estaban incluídos nun lote con outros terreos cun total de 7.800 m2 por un prezo de saída de 250.000€. A resposta do Concello de Redondela e da Autoridade Portuaria ante a noticia non se fixo esperar, reclamando o terreo como dominio público portuario, e que polo tanto non podía ser vendido. No caso do Concello de Redondela, a súa alcaldesa Digna Rivas en declaracións á Radio Redondela lanzaba unha mensaxe de “calma e tranquilidade” á venciñanza e sinalaba que sobre o terreo do Museo de Rande tiñan concedida unha cesión por 35 anos por parte da Autoridade Portuaria de Vigo e que a discusión estaría nos “lindes dalgúns terreos da contorna”.

Terreos onde se ubica o Museo de Rande | Foto © Miguel Núñez
Terreos onde se ubica o Museo de Rande | Foto © Miguel Núñez

A Fábrica do Alemán

A fábrica do alemán foi antes unha empresa de salgadura de peixe e carne fundada en 1836 por unha familia catalá, os Carsí. A familia Carsí mantivo a propiedade da factoría ata 1939 onde pasa a mans do empresario Román Cordero Martín. Finalizada a Guerra Civil española Cordero inicia a modernización das instalacións e solicita permiso para ampliar e ocupar máis espazo da zona marítimo terrestre portuaria, pero a un ano de rematar as obras a factoría pasa a mans do empresario alemán Otto Gerdtzen Boyé en 1944, fundando o que serían a fábrica de Conservas Boyé. Dende ese momento as instalacións pasan a ser coñecidas popularmente como a “Fábrica do Alemán” e a súa actividade perdura ata 1955, cando a fábrica pecha definitivamente como conserveira.

>> A información continúa no Xornal de Vigo

Escrito por

Equipo técnico de Historia de Galicia

Pode que che interese...