Máscara rachada dun merdeiro | Foto @omerdeiro
Máscara rachada dun merdeiro | Foto @omerdeiro

Unha persoa empréndea rompéndolle a máscara ao personaxe do entroido vigués

Tempo de lectura: < 1 min.

A personaxe típica do entroido vigués é dende a súa recuperación no ano 2006 a figura do merdeiro. O Merdeiro é unha personaxe de carácter popular que desapareceu durante a década de 1920 debido a ordenanzas municipais que limitaron e suprimiron os costumes transgresores da personaxe. O Merdeiro era habitual nos barrios mariñeiros da cidade, coma no Berbés, e o seu obxectivo era alporizar á xente refinada durante a festa, emporcando a xente con restos de peixe podre. De esta actividade ven o seu nome.

O traxe destes merdeiros era unha imitación do tradicional traxe de escabicheiro, labregos adicados a recoller restos de peixe e argazo para abonar o campo, co que o motivo da figura desta festa sería a rivalidade entre mariñeiros e labregos.

O xeito de interactuar dos “merdeiros” mudou e na contra de amedrentar con restos de peixe podre e vísceras, os actuais merdeiros poden botar algo de fariña ou tocarche na cabeza con algunha nabiza ou coa vara que levan consigo.

Unha dinámica que non foi entendida por un viandante este martes na cidade olívica, que emprendeuna violentamente contra un dos merdeiros vigueses rompéndolle a súa máscara, ata que interviu a Policía Local.

Máis información de Xornal de Vigo

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Equipo técnico de Historia de Galicia

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: