Unha das pallozas de Campo del Agua / foto David Pérez CCBY Wikimedia

A fronteira entre Galicia e Bierzo perde outra palloza nun dos conxuntos máis excepcionais dos Ancares

Tempo de lectura: < 1 min.

Campo del Agua é unha das aldeas máis fermosas do concello de Villafranca del Bierzo, moi preto da fronteira galega. Éo sobre todo polas súas pallozas, un conxunto único, declarado Ben de Interese Cultural no ano 2002, e un dos maiores referentes deste tipo de construcións da provincia veciña, que no seu día chegou a ter ata 22 pallozas.

A singular vila, situada a 1.300 metros de altitude, perdeu o pasado venres unha das súas significativas construcións. Pois a histórica palloza foi presa das lapas sobre as catro da tarde. Ata alí, e en plena corentena, tivo que desprazarse unha dotación de Bombeiros de Ponferrada, policía e Garda Civil. O carácter illado da palloza fronte ó resto da aldea fixo que os danos non chegaran a máis.

Un conxunto único descoñecido en Galicia

Situado a menos de 2,5 quilómetros da fronteira galega, Campo del Agua é un conxunto excepcional no tocante a paisaxe e patrimonio. Non so pola cantidade de pallozas que nela aínda se conservan, senón tamén pola súa paisaxe. Conta entre o seu singular patrimonio cun hórreo de teito de palla, igrexa parroquial con partes románicas, o seu Corral ou Couso do Lobo, e os seus berrocais ou formacións graníticas de bolo. Recolle a nova Infobierzo.

 

 

 

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: