fbpx
Un hospital durante a Gripe Española foto histórica / Otis Historical Archives, National Museum of Health and Medicine PIDomain

As grandes pandemias e o cambio na organización da saúde mundial

Tempo de lectura: 2 min.

Os profesores da USC Fernando Julio Ponte Hernando e Ofelia Rei Castelao destacan nun texto impacto que tiveron, ao longo da historia, as epidemias na humanidade e a forma na que contribuíron a fomentar avances científicos. “As epidemias ameazaron á humanidade desde tempos inmemoriais, á vez que forzaron a procura inmediata de solucións que, na maior parte dos casos, constitúen auténticos logros científicos”, suliñan.

“As grandes crises obrigan a pór a maquinaria científica de todos os países desenvolvidos a toda marcha. Aparecen novas vacinas, perfecciónanse técnicas de diagnóstico e substancias terapéuticas, desenvólvense novos dispositivos, xorden novos conceptos de organización da saúde, ou se obteñen patentes orixinais que son unha fonte de riqueza e adquírense novas conviccións sociopolíticas”, apunta o profesor de Historia da Ciencia na USC Fernando Julio Ponte Hernando.

Con todo “é imposible dicir que unha epidemia foi motor de progreso sen aceptar que para iso foi preciso que morresen miles ou centos de miles de persoas”, sinala a historiadora Ofelia Rei Castelao, para quen non poden denominarse, por iso, motor de progreso, aínda que “si que implicaron unha mellor xestión para facer fronte aos contaxios, sistema de avisos, organización de reservas alimentarias, preparación de espazos de acollida ou avances médicos”.

A vacina

O punto de valor engadido establéceno os historiadores no caso de epidemia de vexigas, que foi controlada grazas á constatación por parte do médico inglés Edward Jenner, a finais do século XVIII, de que se producía inmunidade cruzada entre as vexigas das vacas, de aí a palabra vacúa, e a humana.

“As nenas que ordeñaban o gando padecían un persoal moi leve de vexigas de vaca nas súas mans, pero non contraían a variante humana, moito máis agresiva. Isto fixo que Jenner vise a importancia de inocular material de pústula de vaca en humanos”, explica Ponte Hernando.

Pode que che interese...