Lecturas en Streaming, agasallos e libros en PDF. Así axuda o sector editorial galego a que quedes na casa | Historia de Galicia
Libros históricos / MiraDeShazerCC0

Lecturas en Streaming, agasallos e libros en PDF. Así axuda o sector editorial galego a que quedes na casa

Tempo de lectura: < 1 min.

A micro aberto e por streaming. O obxectivo é compartir literatura, cancións, recitados, charlas ou filosofía en días como estes e especialmente hoxe, Día Internacional da Poesía. E é que as librarías, as editoriais galegas ou institucións como a Asociación de Escritores en Lingua Galega ou a Asociación de Libreiros están a tratar de volcarse, dende as súas casas, co acceso á cultura escrita, para que ti non teñas que saír da túa.

E é que, como non nos cansamos de repetir, a cultura non entende de barreiras. Por iso nestes días multiplícanse as iniciativas solidarias e as actividades por parte do sector do libro galego. Unha parte delas están a desenvolvela as propias librarías que seguen atendendo o público a través das súas tendas ‘en liña’ e ofrecendo opcións de lectura na rede e empregando tamén as súas redes sociais.

Algunhas delas, ademais abriron ou facilitaron o acceso a libros en PDF. Pola súa banda a Asociación de Escritores en Lingua Galega ofreceu tamén algunhas das súas publicacións de xeito gratuíto neste formato. Tamén se invitou dende a asociación a algúns dos seus autores a lecturas a través de Internet. A consigna difundida, ‘Os libros non contaxian pero enganchan’. Algunhas actividades podes coñecelas na  nova recollida por Galicia Confidencial. Podes atopar máis información nas webs da AELG, da AGE, ou da FLG.

Libros / foto DariuszSankowskiCC0

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: