A lenda da Virxe dos Remedios de Lira que protexeu á vila dos piratas | Historia de Galicia
Un naufraxio / foto Clker-Free-Vector-ImagesCC0

A lenda da Virxe dos Remedios de Lira que protexeu á vila dos piratas

Tempo de lectura: < 1 min.

En Lira, no concello de Carnota, na Costa da Morte, hai un pequeno santuario relixioso no que se venera á Virxe dos Remedos. A pequena capela ten a particularidade de empregar como lámpada o timón do ariete dun barco naufragado a mediados do século XX. Porén descoñecemos se é o timón do barco da lenda que fai famosa a capela.

Cóntase que a Virxe dos Remedios salvou a poboación dun barco de guerra francés que estaba asediando a zona. No barco ía un mozo moi pobre que se alistara por necesidade. O barco foi asaltando varias localidades da costa mais cando chegou a Lira con intención de desembarcar na praia de Ardilleiro o barco achou serias dificultades. As mulleres da vila encomendáronse á Virxe dos Remedios para que freara o barco.

Este, de feito, naufragou de xeito milagreiro levando consigo toda a tripulación. Mais no naufraxio sobreviviu un dos homes, o mozo. Dise que antes do naufraxio, coa intercesión da Virxe pedira perdón a Deus polos seus pecados. Tras salvarse acabou por casar cunha fermosa muller da propia vila. Segundo a lenda os namorados acabaron por casar nesta propia capela. Mais deste relato hai unha parte parte de verdade, pois no lugar si houbo un naufraxio dun buque francés.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: