fbpx
Desfeita no camiño de acceso ó Castro de Baroña / foto Ría de Noia

A corta que esnaquizou o camiño do castro Baroña non tiña licencia

Tempo de lectura: < 1 min.

A empresa madeireira que estragou ó camiño histórico de acceso ó castro de Baroña carecía de licencia. Así se afirmaba nun artigo publicado no día de onte no xornal El Correo Gallego. Segundo o medio, o particular tería solicitado os permisos a Patrimonio e á Consellería de Medio Ambiente, mais decidiu comezar a obra antes de ter algunha resposta.

No artigo afírmase ademais que a intervención correu a cargo dunha empresa madeireira contratada polo particular, que sería a que deu lugar ós destrozos. O camiño contaba con protección no marco do Plan Especial do Castro de Baroña, que é Ben de Interese Cultural, por isto a intervención ademais de medio ambiente debe contar con permiso da Dirección Xeral de Patrimonio. Segundo a Lei 5/2016 de 4 de maio de Patrimonio Cultural, a sanción podería chegar ata un millón de euros.

 

Pode que che interese...