fbpx
O Xeneral Washington / foto ParentRapCC0

Cando a Guerra de Independencia dos Estados Unidos dependeu de dous futuros presidentes americanos perdidos en Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

Era o inverno do ano 1779 e a Guerra de Independencia Americana estaba a inclinarse a favor das 13 colonias americanas sublevadas. A axuda de España e, sobre todo Francia, como aliados era imprescindible para a vitoria e entre o exército americano, e en París se desenvolvía unha importante diplomacia.

Foi daquela cando John Adams, un dos pais fundadores dos Estados Unidos de América e que tempo despois, entre 1797 y 1801, sería o segundo presidente do país, atopábase cruzando o Atlántico nunha destas importantes misións diplomáticas que o levaban cara París. O obxectivo, negociar na capital francesa os acordos con Francia, así como un posible tratado de paz con Gran Bretaña que dera fin o derramamento de sangue.

Mais o 5 de decembro, cruzando o Atlántico a fragata que o transportaba, a Sensible, achou unha vía de auga. No canto de arriscar e seguir o seu camiño cara París, a Fragata tivo que desviarse cara Fisterra e atracar no porto de Ferrol. Sendo grandes os danos, Jonh Adams e o grupo que viaxaba con el, viuse obrigado a emprender o camiño por terra documentando a viaxe con notas.

A Jonh Adams acompañábano tamén os seus dous fillos Charlie e Jonh Quincy Adams, quen sería despois o sexto presidente americano. Os futuros presidentes americanos tiveron que quedar uns días na cidade da Coruña, e pasar as celebracións do Nadal e de ano novo na cidade. Pasaron unha noite en Betanzos e almorzaron na Ponte do Porco. Despois continuaron o seu camiño ata chegar a Villafranca, dende onde colleron a través de Castela cara Euskadi e París.

Jonh Adams deixou a súa estancia e a súa viaxe por Galicia documentada a través das súas notas, describindo os aloxamentos, industrias, camiños, vilas máis tamén os costumes locais. Chamáballe a atención o clima morno e agradable, a comida, como nas vilas de mar cativos e maiores ían cos pes descalzos e como o territorio se atopaba labrado do monte ó mar.

Trala viaxe, Holanda acabaría por unirse tamén a coalición franco-española e no ano 1781 oito mil soldados británicos ó mando do xeral Charles Cornwallis foron rodeados en Virxinia, no último reduto inglés, polo exército de George Washington. Corwallis rendeuse e o exército británico tivo que asinar a paz, no chamado Tratado de París de 1783. O papel como diplomático de Adams foi fundamental na guerra.

Un canón nunha recreación militar/ foto shafmanCC0

 

 

 

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...