Debería ser declarado BIC o quilómetro cero de Galicia? | Historia de Galicia
Unha carballeira como na que se atopa o quilómetro cero galego / foto elena1613CC0

Debería ser declarado BIC o quilómetro cero de Galicia?

Tempo de lectura: < 1 min.

Do mesmo xeito que outros debates xeográficos de Galicia, como o nacemento do río Miño, sobre o centro xeográfico de Galicia existiu historicamente unha importante discusión. Afirmábase que este punto se situaba en Lalín, ou en Chantada. Mais un informe técnico do Instituto Xeográfico Nacional concluía que o verdadeiro centro se atopa en Antas de Ulla, na parroquia de San Fiz de Amarante.

Atópase en concreto nunha carballeira, moi preto da aldea de Nugallás. É precisamente a excepcionalidade do feito e a riqueza do espazo natural o que dende o Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) alegan debería ser declarado como Ben de Interese Cultural, ó ser, segundo o colectivo, un lugar de gran significación xeográfica para a nosa cultura. A declaración suporía a súa posta en valor, a das carballeiras da contorna, do propio Concello e a protección do propio lugar. A nova recóllea Lugo Xornal.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: