fbpx
Imaxe do vídeo promocional de The Waylanders / Youtube

Duio, Ézaro, o rei Breogán ou as cidades soterradas dos mouros imaxinados nun videoxogo

Tempo de lectura: < 1 min.

Duio, Dúmbriga, Ézaro, a Torre de Hércules, Brigantia, Santiago de Compostela, as minas das Médulas ou as cidades soterradas dos mouros serán os protagonistas dun novo videoxogo. The Waylanders, o ambicioso proxecto que está a desenvolver a empresa coruñesa Gato Studio, recrea singulares mundos míticos e mitolóxicos dunha imaxinada Galicia celta e medieval.

The Waylanders narrará a historia dun aventureiro que tras un encontro cos deuses celtas adquire a capacidade de viaxar no tempo. Após disto desprazarase entre singulares mundos míticos nunha terra invadida pola corrupción máxica. Trátase dun xogo de rol e de fantasía que permite explorar un mundo recreado de mitos galegos, desenvolvido cun esforzo especial por mesturar fantasía e realidade.

 

O periplo do protagonista levaralle a lugares como Brigantia, unha enorme cidade costeira fogar do rei Ith; A cidade de Dúmbriga fogar da Universidade e dos druídas; O Mundo Moure, unha vasta rede subterránea de cidades que se estende por baixo do chan con ouro en abundancia; O Campamento Licántropo custodiados por lobos salvaxes; Aunes, unha vila costeira, habitada por trasgos, ou o Monte Medhu, unha vila ó pé dunhas minas de ouro sempre fluíndo. A revista Morcego tráenos a nova de toda esta fantasía.

Imaxe do vídeo promocional de The Waylanders / Youtube

Pode que che interese...