Ferrol eliminará os pavimentos de lastro do seu centro histórico por laxas de granito e placas de formigón | Historia de Galicia
Ferrol, rúa María 136, no barrio da Magdalena / foto OilisabCCBy WIkimedia

Ferrol eliminará os pavimentos de lastro do seu centro histórico por laxas de granito e placas de formigón

Tempo de lectura: 2 min.

O barrio da Magdalena de Ferrol é unha das xoias urbanísticas do sur da Europa do século XVIII e, xunto co seu Arsenal Militar, un conxunto que aspira a ser Patrimonio Mundial nun futuro. Mais nos vindeiros anos verá unha modernización que mudará a súa imaxe cara unha maior humanización. A renovación, xa en marcha, estase a facer coa eliminación do tráfico rodado en varias rúas e cunha racionalización dos espazos noutras.

Mais as futuras actuacións aspiran a cambiar a imaxe do importante barrio. Unha delas é a reforma da rúa Pardo Baixo, peonil dende fai algún tempo. Nela se cambiará o pavimento de pedra e adoquinado de lastro por un novo firme de laxas de granito. O motivo principal é evitar a incomodidade para o tránsito e as terrazas. Preténdese que as obras dean comezo no mes de setembro e que estean rematadas, a moito tardar, na vindeira Semana Santa.

Rúa Pardo Baixo de Ferrol

A obra anunciábase na reunión celebrada en marzo entre representantes da Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas e o concelleiro de Urbanism, Julián Reina. Nel se poñía sobre a mesa o modelo desexado para A Magdalena, formigón en zonas rodadas, solución empregada na rúa do Sol, e granito para as rúas peonís, como Pardo Baixo.

Mais precisábase tamén que o Concello agarda facer un estudo específico sobre as intervencións a desenvolver no barrio, para manter criterios de homoxeneidade. Afirmábase tamén que a idea non é desterrar por completo o lastro do barrio da Magdalena senón mantelo nalgúns lugares, como acontece na rúa Real. Para iso, segundo se afirmaba, e sempre co visto e prace de Patrimonio, irase buscando un criterio.

Arsenal de Ferrol / foto hwi62CC0

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: