fbpx
Camiño / foto gavillaCC0

O Cabido considera pedir a prórroga do vindeiro xacobeo 2021

Tempo de lectura: < 1 min.

Aínda que o goberno galego o vexa como unha oportunidade, semella evidente que o Covid-19 mudará todos os plans sobre o Xacobeo 2021. E é precisamente por isto polo que o Cabido da catedral de Santiago está a considerar solicitar unha prórroga a Roma do Ano Santo 2021 e estendelo a 2022. Deberá facelo, de feito, coa complicidade do arcebispo Julian Barrio e agardar a aceptación da Santa Sede.

A medida, que o Cabido está aínda a considerar, faise ó pensar que de seguro a situación constituirá unha causa de forza maior que impida ós peregrinos gañar as indulxencias plenarias do Xacobeo 2021. Pois existe un precedente no ano 1937 que por mor da Guerra Civil foi prorrogado ó seguinte ano 1938. Foi concedido por el papa Pío XI por petición do arcebispo Tomás Muniz de Pablos. Recolle a nova El Correo Gallego.

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...