Pontevedra dá o primeiro paso para a construción do seu novo museo arqueolóxico | Historia de Galicia
Museo de Pontevedra / turismopontevedra.com

Pontevedra dá o primeiro paso para a construción do seu novo museo arqueolóxico

Tempo de lectura: < 1 min.

Despois de semanas paralizado pola Covid-19, este pasado mércores 22 de abril comezaba a roza da maleza e arborado baixo na parcela de Valdecorvos. Nesta parcela de preto de 10.000 metros cadrados, localizada no entorno da Ponte dos Tirantes, agárdase construír no vindeiro ano 2021 o novo edificio de Arqueoloxía do Museo de Pontevedra.

A nova infraestrutura cultural do museo acollerá todos os fondos pétreos do Museo de Pontevedra, que actualmente se dispersan por varios edificios e instalacións da provincia. O novo edificio contará con salas para exposición permanente adicadas á cultura castrexa e romana, así como espazos preparados para depósito, investigación, laboratorios e equipo técnico.

Prevese que a obra de roza remate ó longo da semana que entra, mantendo as árbores de maior porte. O obxectivo e deixar o espazo preparado para o desenvolvemento dun estudo taquimétrico da parcela para coñecer as súas características e poder deseñar un edificio adaptado á contorna. Trataríase dunha peza de ó redor de 4.000 metros cadrados dentro dunha parcela de máis do dobre.

O novo edificio, que contará cun orzamento duns 3,5 millóns de euros, desenvolverase a partir de un protocolo de colaboración asinado en decembro de 2019 polo Concello e a Deputación que incluiría, ademais da construción deste novo edificio a rehabilitacións dos edificios Castro Monteagudo, García Florez e Fernández López. O Concello cedeu gratuitamente a parcela mentres a Deputación será quen se encargue da construción.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: