fbpx
Xudería de Ribadavia / foto KarlosmanCC0

Queres aproveitar este tempo para idear unha xincana turística na túa vila?

Tempo de lectura: 2 min.

A cultura colaborativa na rede está a dar cada día novas oportunidades. Un das últimas e máis curiosas está a no ámbito do turismo na páxina web Guiaventuras. Esta páxina permite a institucións, mais tamén a particulares coñecedores dos recursos locais, crear xogos turísticos que permitan a outros visitantes e turistas vivir unha aventura e coñecer lugares in situ.

A aventura non precisa da descarga de ningunha app e, unha vez creada, trátase de que o visitante busque pistas no lugar e responda preguntas sobre el para seguir avanzando sobre a vila, coñecendo a súa historia, cultura e monumentos. Débese completar o percorrido turístico mentres se goza e se coñece o patrimonio, as curiosidades e a historia do lugar.

Polo xeral o contido da plataforma está xerado por organismos, empresas e entidades culturais e turísticas, mais está pensado tamén para que particulares podan deseñar a súa aventura. Dende a web apélase, de feito, a “usar a túa creatividade para deseñar unha aventura amena e divertida” “que poida ser gozada por miles de turistas”. Polo de agora, tan so existen dúas aventuras en Galicia, a do Ecomuseo Pazo de Arxeriz no Saviñao e outra en Carnota da que falábamos a pasada semana.

Xeocaching tesouros agochados

Outra opción que nos dan as redes é a de Xeocaching. Neste caso trátase de atopar tesouros agochados fisicamente ó longo de todo o mundo, incluída a xeografía galega. Agochados baixo unhas pedras ou entre dous sinais de tráfico os coaches deixan un pequeno recipiente xeralmente de plástico con obxectos escondidos, narracións, follas de libros… apuntando nome e coordenadas xeográficas na web.

Os coaches deixan o seu poso para que futuros usuarios poidan atopar o pequeno tesouro de novo e volvan a intervir unha vez máis. Esta busca e agochado colaborativo permítenos fixarnos nos pequenos detalles do noso territorio, miralo dende outra perspectiva e ampliar o seu significado.

 

Escrito por

Historiador da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Renovación Urbana y Rehabilitación e Diploma de Estudos Avanzados en Arte, Urbanismo e Patrimonio. Especialista en fotografía esférica. Especialista en arquitectura e territorio. Xestor de Contidos en Historia de Galicia. www.inigomouzoriobo.eu

Pode que che interese...