Queres coñecer dende a web os segredos das salinas romanas de Galicia? | Historia de Galicia
Salinas romanas do Areal musealizadas / xunta.gal

Queres coñecer dende a web os segredos das salinas romanas de Galicia?

Tempo de lectura: 2 min.

A extracción do sal foi dende a Antigüidade unha industria capital nas nosas costas. O aproveitamento deste mineral foi durante a nosa protohistoria unha actividade de especial relevancia e coa chegada do Imperio Romano converteuse nunha verdadeira industria implantada no noso territorio a través de grandes factorías mariñas. En Galicia e no Norte de Portugal conservamos excepcionais exemplos destas grandes industrias que nas últimas décadas están a ser desveladas grazas ó traballo da arqueoloxía.

Recreación dunha salina romana / Salinae

É por isto que, no pasado ano 2019, o Consello da Cultura Galega fixouse neste importante traballo e quixo traer ós seus Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural o traballo de recuperación deste importante legado. Foi nas xornadas “In Situ”, unha serie de saídas presenciais ó patrimonio que agora, e durante ás vindeiras semanas, estarán na rede de xeito aberto e gratuíto a través dunha nova edición virtual.

Nesta primeira edición o legado das nosas salinas foi o protagonista. Para isto o Consello poñía a disposición do público seis vídeos recollidos nos Encontros. Neles profesionais como Miguel Costa, Adolfo Fernández, Juan C. Castro Carrera, Mª Jesús Iglesias Darriba, Brais X. Currás ou Mar Cortegoso, achégannos a realidade desta singular industria do noso pasado.

 

Nos vídeos podemos acceder á xornadas desenvolvidas desenvolvidas en Vigo e na Guarda e Viana do Castelo, nas visitas dos xacementos do Areal de Vigo e o de Viana do Castelo. Tamén á xornada desenvolvida nun barco pola costa de Vigo, que permitiu amosar unha lectura transversal sobre o papel que desempeñou o sal na economía da Antigüidade. Nas vindeiras semanas, cada martes, o Consello irá poñendo á disposición do público novos materiais.

 

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar. Non esquezas deixar o teu email se queres que o autor/a che dea unha resposta

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: